lunes, 31 de marzo de 2025

IV TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR. NORMAS.

      O vindeiro martes 08 de abril celebraremos a IV edición do noso torneo de xadrez CPI Cruz do Sar. O torneo comezará sobre as 09:30 da mañá do martes no pavillón. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao pavillón en canto toque o timbre de entrada . O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a ningunha clase ese día.

     Hai un total de 117 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


     O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.

        

HORARIOS DE CADA RONDA

 

1ª Ronda: 09:30

2ª Ronda: 10:00

3ª Ronda: 10:30

4ª Ronda: 11:00

 

11:30 – 12:00  DESCANSO

 

5ª Ronda: 12:00

6ª Ronda: 12:30

7ª Ronda: 13:00

8ª Ronda: 13:30

 

Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.

sábado, 29 de marzo de 2025

PROFESORADO EN PRÁCTICAS: IAGO E DAVID.

Esta semana despedimos, con gran pesar, a Iago e a David. Iago estivo a facer con nós as súas prácticas de INEF e David as súas prácticas do Master de profesorado. Iago foi ex-alumno do noso centro e David  pertence ao concello de Vilarmaior. Foi un gran pracer poder tervos con nós durante estos meses, agardamos que nalgún momento poidades volver a este centro algún de vós coa praza aprobada. Desexámosvos moita sorte na vosa vida profesional e personal. Xa sabedes que estamos aquí para o que precisedes. Grazas por todo.

domingo, 16 de marzo de 2025

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 24-25

 

Déixovos o enlace ás fotos que xuntamos entre tod@s. se alguén ten algunha máis que queira subir que as envíe por privado. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/yBKzVKQKecEbbAWG7



CAMIÑO SANTIAGO 24-25

O xoves 13 e o venres 14 de marzo, 30 alumnos de 4º de ESO continuaron a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as seguintes dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Palas-Melide e Melide-Arzúa. Xa nos queda menos para chegar a Santiago. Estas dúas etapas eran etapas sinxelas duns 15 Km e moi pouco desnivel acumulado. En xeral houbo unha boa aceptación das etapas e conseguimos realizalas sen maiores contratempos. O frío acompañounos os dous días pero a chuvia non fixo acto de presencia. No albergue eramos os únicos peregrinos en Melide e pola noite foi inevitable algo de ruido.

Espero que, de todos xeitos e a pesar de todo, a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.
Grazas pola vosa participación, o voso comportamento e sobre todo polo voso esforzo. Agradecer sobre todo a Fernando a súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!

     

domingo, 23 de febrero de 2025

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para 3º  e 4º ESO son as seguintes:



3º ESO A: 11 de marzo
3º ESO B: 11 de marzo
4º ESO A: 17 de marzo
4º ESO B: 17 de marzo


domingo, 16 de febrero de 2025

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 24-25

ACTIVIDADE: Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) Palas – Melide - Arzúa durante os días 13 e 14 de Marzo.

OBXECTIVOS:

  • Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.
  • Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.
  • Desenrolar a capacidade de convivencia.
  • Coñecer a variedade multicultural dos distintos pobos e os diferentes medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés.
CONTIDOS:
  • Realización dunha marcha.
  • Coñecemento xeográfico, artístico e natural da zona.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
KILÓMETROS TOTAIS: 29 km. Repartidos en 2 etapas: Palas - Melide (15 Km) e Melide - Arzúa (14 Km), O bus nos levará ata Palas o xoves e o venres nos trasladará de novo a Bergondo.
ALBERGUES: Albergue O Cruceiro. Ronda de A Coruña Nº 2, Melide.

1º día: PALAS - MELIDE (15 Km) (4h)
09:45 Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
11:00 Chegada a Palas
11:15 Comezo  da etapa
14:00 Parada durante a etapa para xantar
17:00 Melide (chegada albergue, ducha, cea)

2º día MELIDE - ARZÚA (14 Km) (4h)
08:00 Levantarse, almorzo
09:00 Saída  de Melide
14:00 Chegada  a Arzúa
15:00  Xantar Arzúa
17:30  Saída hacia Bergondo
19:00 Chegada aproximada a Bergondo (Concello)
En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.
O prezo inclúe a estancia no albergue en Melide. O primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día e o almorzo e xantar do venres en Arzúa. 

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 21 DE FEBREIRO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.


CONSELLOS PRÁCTICOS
1. Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.
2. As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.
3. Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.
4. O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.
5. Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado
6. Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda
7. Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues
PREZO: Albergue O Cruceiro (Melide) 13 €. 

MATERIAL RECOMENDADO:
COMIDA 

  • Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Melide ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Arzúa para poder xantar alí.
CALZADO
  • Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.
ROUPA
  • SACO DE DURMIR
  • Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.
  • Varios pares de calcetíns de algodón
  • Calzado de reposto
  • Toalla de ducha e elementos de aseo persoal
  • Chubasqueiro
  • Gorra ou sombreiro para protexerse do solLevade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.
BOTIQUÍN
  • Tiritas, cacao, crema solar.
  • Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

  • Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social...


lunes, 3 de febrero de 2025

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de 3º e 4º de educación secundaria son as seguintes:

3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta 2.
UD 4. O rugbi.
UD 5. Xogos populares e alternativos 4.

domingo, 5 de enero de 2025

INICIO CLASES


O mércores 08 de xaneiro voltamos ás clases no CPI Cruz do Sar. Agardo que todos voltedes con forzas renovadas e con ilusión por aprender e acadar os mellores resultados posibles.

Deséxovos a todos un Feliz 2025 e que o día despois non sexa coma o da viñeta. Unha aperta.

sábado, 4 de enero de 2025

RESULTADOS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada o martes día 17 de decembro  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 1º     48 alumnos        48 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     48 alumnos        48 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     18 alumnos         18 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         15 aprobados        04 suspensos         79% aprobados

TOTAL 3º    37 alumnos         33 aprobados        04 suspensos         89% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         21  aprobados       03 suspensos        88% aprobados

4º ESO B:     23 alumnos         23 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

TOTAL 4º:   47 alumnos         44  aprobados       03 suspensos        94% aprobados


TOTAL   180  alumnos   173 aprobados   07 suspensos   96% aprobados


FOTOS SEMANA NEVE 24-25

Non teño moitas fotos vosas este ano, están as que sacamos os profes e as que teño vosas que non son paisaxes. Podedes acceder a elas no seguinte enlace ou no icono da actividade mo menú da esquerda. Unha aperte. Vémonos en poucos días. 

https://photos.app.goo.gl/5jQ67ciE6LgQFZZF8