martes, 1 de abril de 2025

AUTORIZACIÓN SURF 24-25

Esta semana repartimos as autorizacións para a actividade de surf dirixida ao alumnado de 1º de ESO e que se realizará  os días 15 e 16 de maio. Deberá ser entregada antes do venres 11 de de abril.  O horario aproximado será de 09:20 a 13:30. É preciso saber nadar para participar na actividade.

O prezo da actividade é de 15 euros por día. O prezo está calculado para unha ratio de 25 participantes. 

- MENOS DE 25 ANOTADOS IREMOS TODOS OS DOUS DÍAS (30€) 

- MÁIS DE 25 ANOTADOS FAREMOS DOUS GRUPOS (15€) (1 DÍA) CADA GRUPO IRÁ SÓ UN DÍA

Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase dos días que irá cada grupo e do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar. 

CALENDARIO TORNEO FÚTBOL-SALA

O torneo de fútbol-sala terá lugar os días 10 e 11 de abril cos seguintes horarios aproximados: 

XOVES 10 DE ABRIL

12:30-13:00          OS LOIS - TOMATITOS                 (1)

                                                                 Árbitro: Juan Luis Allegue

VENRES 11 DE DECEMBRO

09:20-09:45           ENTRADA AO PAVILLÓN

09:45-10:15           Gañador 1 – XOSE ANTONIO´S                          (A)

Árbitro: Brais Losada

10:15-10:45           A MOLE  – SANGÜESUDOS                                (B)

Árbitro: Daniel Cubeiro

10:45-11:15           MERMELADOS – XABARÍN CLUB                   (C)

Árbitro: Hugo Fernández

11:15-11:45          FUENTEALBILLA – RULETA MECÁNICA        (D)

Árbitro: Pablo Rodríguez 

11:45-12:15          Gañador A – Gañador B

12:15-12:45          Gañador C – Gañador D

13:00-13:30          Gañador A-B / Gañador C-D

13:45-14:15         Gañador Torneo - Equipo prof@s

NORMAS TORNEO FÚTBOL-SALA 24-25

 NORMAS XERAIS

Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:

1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.

2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.

3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.

4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.

5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.

6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.

lunes, 31 de marzo de 2025

IV TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR. NORMAS.

      O vindeiro martes 08 de abril celebraremos a IV edición do noso torneo de xadrez CPI Cruz do Sar. O torneo comezará sobre as 09:30 da mañá do martes no pavillón. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao pavillón en canto toque o timbre de entrada . O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a ningunha clase ese día.

     Hai un total de 117 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


     O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.

        

HORARIOS DE CADA RONDA

 

1ª Ronda: 09:30

2ª Ronda: 10:00

3ª Ronda: 10:30

4ª Ronda: 11:00

 

11:30 – 12:00  DESCANSO

 

5ª Ronda: 12:00

6ª Ronda: 12:30

7ª Ronda: 13:00

8ª Ronda: 13:30

 

Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.

sábado, 29 de marzo de 2025

PROFESORADO EN PRÁCTICAS: IAGO E DAVID.

Esta semana despedimos, con gran pesar, a Iago e a David. Iago estivo a facer con nós as súas prácticas de INEF e David as súas prácticas do Master de profesorado. Iago foi ex-alumno do noso centro e David  pertence ao concello de Vilarmaior. Foi un gran pracer poder tervos con nós durante estos meses, agardamos que nalgún momento poidades volver a este centro algún de vós coa praza aprobada. Desexámosvos moita sorte na vosa vida profesional e personal. Xa sabedes que estamos aquí para o que precisedes. Grazas por todo.

domingo, 16 de marzo de 2025

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 24-25

 

Déixovos o enlace ás fotos que xuntamos entre tod@s. se alguén ten algunha máis que queira subir que as envíe por privado. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/yBKzVKQKecEbbAWG7



CAMIÑO SANTIAGO 24-25

O xoves 13 e o venres 14 de marzo, 30 alumnos de 4º de ESO continuaron a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as seguintes dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Palas-Melide e Melide-Arzúa. Xa nos queda menos para chegar a Santiago. Estas dúas etapas eran etapas sinxelas duns 15 Km e moi pouco desnivel acumulado. En xeral houbo unha boa aceptación das etapas e conseguimos realizalas sen maiores contratempos. O frío acompañounos os dous días pero a chuvia non fixo acto de presencia. No albergue eramos os únicos peregrinos en Melide e pola noite foi inevitable algo de ruido.

Espero que, de todos xeitos e a pesar de todo, a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.
Grazas pola vosa participación, o voso comportamento e sobre todo polo voso esforzo. Agradecer sobre todo a Fernando a súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!

     

domingo, 23 de febrero de 2025

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para 3º  e 4º ESO son as seguintes:



3º ESO A: 11 de marzo
3º ESO B: 11 de marzo
4º ESO A: 17 de marzo
4º ESO B: 17 de marzo


domingo, 16 de febrero de 2025

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 24-25

ACTIVIDADE: Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) Palas – Melide - Arzúa durante os días 13 e 14 de Marzo.

OBXECTIVOS:

  • Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.
  • Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.
  • Desenrolar a capacidade de convivencia.
  • Coñecer a variedade multicultural dos distintos pobos e os diferentes medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés.
CONTIDOS:
  • Realización dunha marcha.
  • Coñecemento xeográfico, artístico e natural da zona.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
KILÓMETROS TOTAIS: 29 km. Repartidos en 2 etapas: Palas - Melide (15 Km) e Melide - Arzúa (14 Km), O bus nos levará ata Palas o xoves e o venres nos trasladará de novo a Bergondo.
ALBERGUES: Albergue O Cruceiro. Ronda de A Coruña Nº 2, Melide.

1º día: PALAS - MELIDE (15 Km) (4h)
09:45 Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
11:00 Chegada a Palas
11:15 Comezo  da etapa
14:00 Parada durante a etapa para xantar
17:00 Melide (chegada albergue, ducha, cea)

2º día MELIDE - ARZÚA (14 Km) (4h)
08:00 Levantarse, almorzo
09:00 Saída  de Melide
14:00 Chegada  a Arzúa
15:00  Xantar Arzúa
17:30  Saída hacia Bergondo
19:00 Chegada aproximada a Bergondo (Concello)
En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.
O prezo inclúe a estancia no albergue en Melide. O primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día e o almorzo e xantar do venres en Arzúa. 

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 21 DE FEBREIRO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.


CONSELLOS PRÁCTICOS
1. Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.
2. As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.
3. Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.
4. O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.
5. Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado
6. Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda
7. Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues
PREZO: Albergue O Cruceiro (Melide) 13 €. 

MATERIAL RECOMENDADO:
COMIDA 

  • Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Melide ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Arzúa para poder xantar alí.
CALZADO
  • Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.
ROUPA
  • SACO DE DURMIR
  • Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.
  • Varios pares de calcetíns de algodón
  • Calzado de reposto
  • Toalla de ducha e elementos de aseo persoal
  • Chubasqueiro
  • Gorra ou sombreiro para protexerse do solLevade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.
BOTIQUÍN
  • Tiritas, cacao, crema solar.
  • Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

  • Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social...


lunes, 3 de febrero de 2025

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de 3º e 4º de educación secundaria son as seguintes:

3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta 2.
UD 4. O rugbi.
UD 5. Xogos populares e alternativos 4.