jueves, 24 de diciembre de 2020

VACACIÓNS NADAL

Pois contra todo pronóstico chegamos ao Nadal. Noraboa a tod@s pola vosa adaptación ás novas circunstancias, sobre todo na clase de Educación Física. De verdade que a vosa capacidade de adaptación é EXTRAORDINARIA. Desexarvos a tod@s unhas felices festas e un 2021 mellor que o 2020 que se acaba. 

BO NADAL!!!!! 
Vémonos en xaneiro.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 27 de novembro
1º ESO B: 20 de novembro
2º ESO A: 26 de novembro
2º ESO B: 26 de novembro
3º ESO A: 27 de novembro
3º ESO B: 26 de novembro
3º ESO C: 30 de novembro
4º ESO A: 26 de novembro
4º ESO B: 25 de novembro

domingo, 27 de septiembre de 2020

PROTOCOLO COVID EDUCACIÓN FÍSICA

Pinchando na imaxe podedes acceder ao Protocolo Covid para a materia de Educación Física, se tedes algunha aportación será benvida. Un saúdo a tod@s.

sábado, 26 de septiembre de 2020

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

 

 Achégovos as normas Covid do centro para os que todavía non as coñezan.

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

OBXECTIVO: GARANTIR O DISTANCIAMENTO E UN ESCASO INTERCAMBIO DE ESPAZOS.  

 síntomas COVID

 - febre +37,5 / tose seca 7 dificultade respiratoria / dor muscular / cansazo / dor de gorxa / perda gusto ou olfacto / diarrea

AULA

      O profesorado encargarase da apertura de ventás e persianas.

     Tanto na primeira sesión como despois de cada recreo, o profesorado de aula debe controlar a hixienización de mans.

     Cando se utilice material compartido (bolígrafos, papel, …) realizarase un previo aseo de mans.

     O non respecto ás normas de prudencia sanitaria, suporá unha falta leve.

     MÁSCARA, obrigatoria dende os 6 anos. Agás prescrición facultativa.

     Ventilación: ao inicio e final da mañá (15 min)  e recreos.

     Para evitar a volatilidade do material debido a ventilación necesaria nos recreos deben de quedar as mesas recollidas.

     Nos recreos as aulas quedarán abertas para ventilación.

     O material da biblioteca de aula (dicionarios, p.ex.), no caso de ser usado, debe pasar catro horas de corentena nunha caixa específica. Na entrada do día seguinte reincorporaráse a súa localización habitual.

ENTRADA/SAÍDA

     O profesorado de garda irá guiando a entrada do alumnado por orde de chegada de bus. Á vez tamén accederá o de madrugadores e transporte individual.

     O acceso ás aulas realizarase pola primeira escaleira. A baixada, pola do fondo do vestíbulo.

     Unha marca no vestíbulo delimita a zona de paso do alumnado fronte a de estancia para xestións administrativas.

     As portas de entrada edificios A e C teñen unha delimitación para coincidencias de entrada/saída. Circulación polo lado dereito.

     Á saída, o profesorado de aula da última sesión acompañará ao alumnado de xeito  organizado cara o comedor e buses.

RECREOS

     O profesorado de aula ordenará a saída para evitar excesiva confluencia nas escaleiras. A orde sería 1ºA-3ºC, 1ºB-3ºB, 2ºA-3ºA, 2ºB. No edificio C: 4ºB, 4ºA.

     As saídas da aula realizaranse por proximidade á porta, de fila e posto.

     Na medida do posible a entrada dos recreos debería realizarse en orde inversa á saída.

     Os días solleiros repartiranse os cursos nos 3 espazos:

     1º: patio cuberto (metade superior)

     2º: patio de comedor

     3º: pista polideportiva

     4º: patio cuberto (metade inferior)

     A localización variará mes a mes.

     Non se diferencian espazos entre o alumnado do mesmo nivel. Procurarase que non se formen grupos con excesiva proximidade.

     Os días chuviosos, de principio no patio cuberto. En catro zonas delimitadas por liñas amarelas.

     Quedan prohibidos os xogos con pelota.

     A entrada ao final dos recreos farase respectando a proximidade á porta de acceso (patio cuberto, patio comedor, pista).

     Ao remate do recreo ningun alumno poderá acceder aos sevizos ata que o profesor de aula o autorice.

GARDAS

     Aula de convivencia (2 mesas primeira planta!?).

     Durante os recreos haberá un profesor de garda por espazo e un no interior do edificio A para control de acceso a baños.

     Nas sesións posteriores aos recreos o profesorado de garda deberá subir inmediatamente para suplir a compañeir@s que tiñan garda de recreo.

     En caso de que un alumno ou alumna presente sintomatoloxía protocolo COVID o profesorado de garda levarao á aula COVID cunha máscara cirúrxica e chamará a familia.

FAMILIAS

No inicio do curso 20/21 é conveniente ter presentes as normas de prudencia que a situación de posible contaxio COVID esixe.

     As familias deben de ser conscientes en todo momento do beneficio individual e colectivo que implica respectar as nomas de hixiene e distanciamento en todo o proceso escolar (transporte, aula, recreo, comedor…).

     Ante calquera sintomatoloxía do protocolo COVID o alumno ou alumna non debe acudir ao centro.

     Nestes casos sempre é necesario notificalo ao centro de saúde e ao centro educativo.

     Cada alumno debe de traer unha máscara de reposto. E unha bolsa ou estoxo para gardala de forma hixiénica no caso de ir ao comedor.

     Neste curso non se poderán usar as taquillas, polo que se recomenda unha revisión diaria do material preciso para cada día.

     Os teléfonos de contacto das familias deberían estar operativos en todo momento, por se fose preciso unha chamada de urxencia.

INICIO CURSO 20-21


Ola a tod@s:

Iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar marcado pola presenza do coronavirus SARS-CoV-2, veredes que hai moitos protocolos e que moitas cousas van ser diferentes. Esto non significa nada, só que temos que acostumarnos a esta nova realidade. Evidentemente, non vai ser igual que en anos anteriores pero temos que aprender a convivir con esta situación ata que poidamos acabar co virus.

A materia de EF terá que cambiar; en principio non poderemos ter actividades colaborativas e en equipo, e iso significa na práctica que a nosa asignatura perderá contidos importantes. Espero poder compensar estes contidos con outros que poidan motivarvos. Veremos como evoluciona o curso e a situación sanitaria.

Benvid@s a tod@s. A verdade é que vos botaba moito de menos. Grazas por estar aquí de novo.

domingo, 28 de junio de 2020

FIN DE CURSO 19-20

Remata o curso 19-20. Un curso que ía ser especial para mín por ser o primeiro no CPI Cruz do Sar despois de 19 anos noutro centro. O que non agardaba era que ía ser tan raro por culpa do coronavirus e que estariamos máis de tres meses sen vernos presencialmente. Para mín foi un curso duro por circuntancias estritamente persoais, en canto á miña relación profesional con vós creo que en xeral sodes uns grupos que funcionan aceptablemente ben. O peor do confinamento foi non poder seguir coñecéndonos e ter que suspender todas as actividades extraescolares previstas.
Quería tamén pedirvos desculpas se nalgún momento vos molestou algunha cousa que fixen ou dixen, xa sabedes que son un pouco "especial" pero nada máis lonxe da miña intención que causarvos dano. Supoño que pouco a pouco irémonos coñecendo mellor.
Desexarvos un bo verán, o virus aínda circula por ahí polo que tedes que tratar de evitar as aglomeracións, manter a distancia de seguridade e ter unha boa hixiene de mans. Espero e desexo poder vernos en setembro dunha maneira "normal".
Un abrazo a tod@s e intentade ser felices.

martes, 9 de junio de 2020

DATA LÍMITE ENTREGA VÍDEOS

Xa vistes que esta semana non subín ningunha tarefa. Os que queirades enviar algo tedes ata o domingo 14 de xuño para enviarme algún vídeo con algún paso dos que vimos estas semanas. A partir do domingo xa empezarei a facer as medias para a nota final de xuño. Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto conmigo a través do correo ou do whatsapp. Una aperta moi forte.

domingo, 31 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN . PASODOBRE 3

01-05  xuño
Entramos no mes de xuño, a piques de chegar (a semana  que vén) á fase 3 da desescalada. Tratade de respetar as distancias, cumplir as normas, lavar as mans e sobre todo sentidiño. Esta semán propóñovos a terceira  sesión de pasodobre. Nesta sesión podedes practicar os seguintes pasos, xa presentan unha maior dificultade:
- Diagonal 
- Paseo
Coma sempre podedes aprender os pasos no seguinte link:


Unha aperta para tod@s.

domingo, 24 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. PASODOBLE 2

25-29  mayo
Bueno, entramos en la fase 2 de la desescalada y lo único que os puedo recomendar es prudencia y que sigamos cumpliendo las normas, ya estamos acabando mayo y para esta semana os propongo los siguientes pasos para continuar con el pasodoble:
- Paso cruzado
- Vuelta de la chica (paso base)
- Paseo de la mujer
Como siempre podéis aprender los pasos en el siguiente link:


Un fuerte abrazo para tod@s.

domingo, 17 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. PASODOBLE 1.

18-22 Mayo
Espero que tengáis ya dominado el chachacha. Esta semana pasamos a otro baile, el pasodoble. Esta semana intentaremos aprender los siguientes pasos:
- Paso base
- Paso lateral
- Giro en pareja
Mucho ánimo. Los pasos los podéis ver en el siguiente enlace:

domingo, 10 de mayo de 2020

CRITERIOS AVALIACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA

A cualificación final será a media aritmética da 1ª e a 2ª avaliación + 0,5 puntosA esta nota poderáselle engadir ata 1,5 puntos máis en función da realización dos traballos propostos dende o período de confinamento.

O alumnado que non acade o 5 poderá recuperar as avaliacións suspensas, antes do 15 de xuño, de dous xeitos:
- Presentando as actividades que se presentan nesta terceira avaliación.
- Ou realizando traballos específicos para recuperar a avaliación suspensa.

En ningún caso a cualificación final do alumnado con dúas avaliacións suspensas será superior ao 5.

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 4

11-15 Mayo
¡MUY BIEN! Pues con esta cuarta sesión terminamos con el chachacha. En esta sesión aprenderemos el cuadrado y el paso desplazado o triple chacha. Mucho ánimo.
Estos son los pasos que deberíais saber al terminar esta unidad de Bailes de salón.

CHACHACHA
1. Paso base
2. Diagonal (por delante chicos / por detrás chicas)
3. Vuelta chica (vuelta base en el chachacha)
4. Cruzado por detrás (diagonal por detrás o Hand to hand)
5. Cruzado por delante con vuelta de los dos (diagonal por delante o New York)
6. Rombo
7. Cuadrado
8. Paso desplazado (Triple chacha)

Los pasos nuevos de hoy los encontraréis en el siguiente enlace:


Los que queráis me podéis mandar un vídeo de vuestros progresos a mi correo jlallegue@hotmail.com o a mi número de teléfono por whatsapp. No hace falta que grabéis todos los pasos. Con dos o tres pasos es suficiente.

sábado, 2 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 3

04-08 Mayo
Hola a tod@s. Aquí estamos de nuevo. Mucho ánimo a tod@s, que esto poco a poco va mejorando y seguro que pronto podremos vernos. Para esta semana tenemos la tercera y penúltima sesión de chachacha.
Deberíamos saber hacer ya los siguientes pasos:
- Paso base
- Diagonal
- Vuelta de la chica 
- Cruzado por detrás (diagonal por detrás o hand to hand)
- Cruzado por delante con vuelta de los dos (diagonal por delante o New York)

En el siguiente vídeo nos explican dos pasos: el rombo y el intercambio de dirección. Sólo tenemos que aprender el primero.
- Rombo

viernes, 24 de abril de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 2

27-30 DE ABRIL
Espero que tod@s sigáis bien, parece que empezamos a ver la luz al final del túnel. Os dejo la propuesta para esta semana. Después de aprender el paso base del chachacha y la diagonal , veremos los pasos haciendo los dos de la pareja la diagonal por detrás y haciendo los dos de la pareja la diagonal por delante. Estos pasos también se llaman Hand to hand y New york respectivamente. En el New York aprenderemos también la vuelta de los dos.
En el siguiente vídeo tenéis perfectamente explicados estos pasos, pero claro, hay que practicar un poco. Un abrazo.

CHA-CHA-CHA 2:
- Cruzado por detrás (diagonal por detrás) (Hand to hand)
- Cruzado por delante (diagonal por delante) (New York)

viernes, 17 de abril de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 1

20-24 DE ABRIL
Lo primero que quiero deciros es que para mí tenéis todos un 10. Vivir esta situación no es fácil para nadie, y mucho menos para vosotros. Los contenidos que veamos a partir de ahora no serán evaluables, las notas que se pongan en la tercera evaluación nunca pueden ser menores que las que teníais en las dos primeras. Dicho esto vamos a empezar una unidad que estaba en todos los cursos, la de Bailes de salón, en concreto aprenderemos a bailar chachacha y pasodoble. Cada semana os iré poniendo dos pasos para aprender.
Empezaremos con el chachacha, en el siguiente vídeo tenéis los dos primeros pasos, es un baile muy fácil, id practicando un poco, cada uno que aprenda su paso. Un abrazo.

CHA-CHA-CHA 1:
- Paso Base
- Diagonal
- Vuelta de la chica

INSTRUCCIONES CONSELLERÍA


martes, 7 de abril de 2020

ALGO DE ACTIVIDADE FÍSICA

Envíovos un enlace para realizar algunhas rutinas de adestramento estos días. Sobre todo recomendo os de "Asentando as bases para un adestramento seguro e eficaz"

domingo, 5 de abril de 2020

FOTOS SEMANA NEVE 19-20


Xa tedes subidas ao blogue as fotos da actividade da semana da neve, Creo que están todas as que me fostes enviando; faltan as fotos que sacou José Antonio. Cando as teña subireinas con éstas Para acceder a elas pinchade no icono da actividade de Semana Neve 19-20 no menú da esquerda da páxina ou no seguinte enlace. Un saúdo a tod@s. 
https://photos.app.goo.gl/f4bgewEVs23F1EfE6

RESISTIREMOS!!!!


viernes, 3 de abril de 2020

ÁNIMO A TOD@S

Hola a tod@s. Espero que no hayáis tenido problemas para mirar las notas. El servidor de la Xunta se cayó sobre las dos, pero creo que la mayoría ya las habíais visto. Tened en cuenta que las notas de esta evaluación son relativas, sean buenas o malas. Lo importante es que vosotros y vuestras familias os encontréis bien, lo demás es totalmente secundario. Daros mucho ánimo para estas vacaciones y para los días que todavía nos quedan de estar encerrados. Lo estáis haciendo fenomenal. Sólo por eso ya os merecéis tod@s un 10. Desear que volvamos lo antes posible al cole porque eso significaría que lo peor de esta pandemia ya habría pasado. Un abrazo enorme. 

lunes, 30 de marzo de 2020

2ª AVALIACIÓN

Ola a tod@s:
Espero que vos atopedes ben, aparte do que supón estar pechados na casa durante tantos días. Comunícovos que finalmente temos que poñer notas para a 2ª avaliación. Moitos de nós non estamos moi dacordo con esta medida pero temos que acatala aínda que pensemos diferente. Na maioría dos casos eu xa tiña os exames teóricos e notas dos exames prácticos. Faltaban os exames teóricos en 1º ESO A e en 3º ESO A. 
Nalgún caso había xente sen facer o exame do seu curso: Adrián en 2º ESO B, Sara en 3º ESO B, Andrea en 4º ESO A e todos os da última saída en 4º ESO B. A todos vos puxen unha nota dun 3 no exame teórico que é o mínimo que habería que ter para facer media. É dicir, que cando volvamos (se volvemos) e fagades o exame a vosa nota probablemente subirá ou ao mellor estades suspensos se non chegades a ese tres.
No caso de non ter feito ninguén o exame (1º ESO A e 3º ESO A) os catro puntos do exame teórico repartirémolos entre os exames prácticos e a práctica diaria (4 puntos cada apartado).
Dado que estou obrigado a avaliar intentarei que as notas correspondan o máis fielmente posible ao que fixestes na avaliación, mantendo os apartados de actitude e a nota mínima dun 3 no exame teórico. A única excepción é o curso de 2º ESO A onde hai alumnado que ten un 3 moi xusto no exame teórico pero non lle daría a nota media para o 5. Vouvos poñer un 5 na avaliación pero quero que saibades que si fora unha avaliación normal estariades suspensos, é o caso de Nekane, María, Naroa, Lucas e Fran. Hai que estudiar algo máis.
Non vou subir as medias dos distintos cursos ao blogue porque hai alumnos que non queren e pola lei de protección de datos tampouco podería facelo. O venres chegarán as notas aos correos das vosas  familias e poderán consultarse na aplicación Abalar. 
De todos xeitos non vos preocupedes nada polas notas. Nestes intres non é o máis importante. O verdadeiramente importante agora é que toda esta situación pase e poidamos volver a estar xuntos.
Moito ánimo a tod@s. Un abrazo

lunes, 23 de marzo de 2020

ESTADO DE ALERTA

Despois da confirmación de que o estado de alerta vaise ampliar 15 días máis, en principio non voltariamos ás clases ata despois de Semana Santa. Sei que esta situación paraece irreal e supoño que estar confinados na casa non é fácil para vos. Darvos ánimos dende aquí e dicir tamén que vos boto de menos (ata aos de  2º ESO A). Todos desexamos volver a encontrarnos o antes posible e para iso é indispensable quedar na casa. Moita sorte e ánimo a tod@s. Lembrade para calqueira consulta o meu correo: jlallegue@hotmail.com.

martes, 17 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA A CUARENTENA

Para estos días nos que estamos obrigados a permanecer na casa recoméndovos que tratedes de manter un horario cunhas actividades a uns horarios determinados: traballo do cole, lectura, xogos de mesa e actividade física. Tede en conta que é posible que pasemos máis de 15 días nesta situación.
Os cursos de 1º de ESO A e 3º de ESO A quédavos por facer o exame teórico, tratade de ir mirando algo para non atoparse con todo cando volvamos a clase; tamén aqueles alumnos de 4º B que non fixestes o exame pola saída.
O resto dos cursos tratade de facer algunas rutinas de exercicios físicos (flexións, abdominais, sentadillas, fondos adiante, saltos coa comba, burpees, skipping, multisaltos.....) e combinade con exercicios de flexibilidade e algún exercicio de respiración e relaxación. Facede algo todos os días. Tratarei de ir subindo algunha rutina concreta ou algún enlace. E coidádevos moito.
Para calqueira dúbida ou consulta: jlallegue@hotmail.com.

sábado, 14 de marzo de 2020

COVID-19. SUSPENSIÓN DE CLASES

Hola a tod@s. A partir del lunes 16 de marzo y hasta el lunes 30 de marzo estaremos sin clase por motivo del virus SARS- CoV-2 que causa la enfermedad denominada COVID-19. Ante todo pediros a todo responsabilidad, como os pedí en clase, por dos motivos: el primero no colapasar el sistema sanitario y el segundo y más importante proteger a los grupos de riesgo (mayores y embarazadas). Sé que os parece enormemente difícil permanecer en casa dos semanas sin ver a vuestr@s amig@s. Lo es, pero estamos ante una situación nunca vista en nuestra época reciente y tenemos los ejemplos de China, Italia e incluso Madrid; donde no se tomaron en serio la enfermedad hasta que fue demasiado tarde. No hagamos lo mismo que ellos, seamos responsables y solidarios. Un saludo a tod@s. Cuidaros mucho.
¡QUEDÉMONOS EN CASA!

domingo, 8 de marzo de 2020

MEMORIA SEMANA NEVE 19-20

O venres 06 de marzo sobre ás 03:30 chegamos a Bergondo dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sobre todo sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Sufrimos unhas condicións meterorolóxicas moi adversas e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 
Tivemos un total de 6 visitas á clínica sen moita gravidade: dúas escordaduras de nocello, e catro contusións; espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 11%, sendo todas as lesións de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.

sábado, 29 de febrero de 2020

SAÍDA ASTÚN 19-20

Ola a tod@s. Despois de varios meses agardando por fin está todo preparado. Maña ás 06:00 saímos cara ao pirineo aragonés. Astún agarda por nós. O bo tempo parece que non nos vai acompañar. Espero que o voso comportamento sexa o mellor posible. Xa sabedes que de vós depende que se siga a facer está saída. Boa viaxe a tod@s e boa sorte nas pistas. 

jueves, 13 de febrero de 2020

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO 2ª AVALIACIÓN

As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO A: 09 de marzo
1º ESO B: 27 de febreiro
2º ESO A: 10 de marzo
2º ESO B: 11 de marzo
3º ESO A: 13 de marzo
3º ESO B: 12 de marzo
4º ESO A: 11 de marzo
4º ESO B: 11 de marzo

sábado, 25 de enero de 2020

AUTORIZACIÓN CAMIÑO SANTIAGO 19-20

Os días 20 e 21 de abril (luns e martes) realizaremos co curso de 4º de ESO un tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) entre O Cebreiro e Sarria. Son en total 40 km repartidos en 2 etapas: O Cebreiro - Triacastela (21 Km) e Triacastela - Sarria (19 Km).
O bus nos levará o luns ata O Cebreiro e o martes traeranos de volta a Bergondo. En principio temos pensado que o bus nos acompañe os dous días. O prezo é de 209 €. O prezo  inclúe o bus e a estancia no albergue en Triacastela.
ENTREGAR  A AUTORIZACIÓN ANTES DO VENRES 14 DE FEBREIRO.

martes, 14 de enero de 2020

RESULTADOS ERGÓMETRO

Xa tedes á vosa disposición no polideportivo os resultados da actividade de ergómetro que fixemos na primeira avaliación coa colaboración do Clube de Remo Olímpico do Mandeo - Bergondo. Os resultados están por categorías: infantil, cadete e xuvenil. Tamén están diferenciadas por sexos. Se non vos atopades consultádemo. 

sábado, 11 de enero de 2020

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

As unidades que imos  ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
1º ESO
UD 5. Balonmán
UD 6. Xogos populares e alternativos 1
UD 7. Actividades de raqueta: Badminton 1
2º ESO
UD 5. Floorball
UD 2. Atletismo 1: carreiras, valados, saídas, marcha
UD 4. Fútbol - sala
3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 3. Baloncesto
UD 5. Xogos populares e alternativos 4
UD 6. O ritmo. Ximnasia rítmica

lunes, 6 de enero de 2020

INICIO CLASES

O mércores 08 de xaneiro voltamos ás clases no CPI Cruz do Sar. Agardo que todos voltedes con forzas renovadas e con ilusión por aprender e acadar os mellores resultados posibles.

Deséxovos a todos un Feliz 2020 e que o os reis cumpriran parte dos vosos desexos.

VÉMONOS O MÉRCORES!!!!!