lunes, 30 de marzo de 2020

2ª AVALIACIÓN

Ola a tod@s:
Espero que vos atopedes ben, aparte do que supón estar pechados na casa durante tantos días. Comunícovos que finalmente temos que poñer notas para a 2ª avaliación. Moitos de nós non estamos moi dacordo con esta medida pero temos que acatala aínda que pensemos diferente. Na maioría dos casos eu xa tiña os exames teóricos e notas dos exames prácticos. Faltaban os exames teóricos en 1º ESO A e en 3º ESO A. 
Nalgún caso había xente sen facer o exame do seu curso: Adrián en 2º ESO B, Sara en 3º ESO B, Andrea en 4º ESO A e todos os da última saída en 4º ESO B. A todos vos puxen unha nota dun 3 no exame teórico que é o mínimo que habería que ter para facer media. É dicir, que cando volvamos (se volvemos) e fagades o exame a vosa nota probablemente subirá ou ao mellor estades suspensos se non chegades a ese tres.
No caso de non ter feito ninguén o exame (1º ESO A e 3º ESO A) os catro puntos do exame teórico repartirémolos entre os exames prácticos e a práctica diaria (4 puntos cada apartado).
Dado que estou obrigado a avaliar intentarei que as notas correspondan o máis fielmente posible ao que fixestes na avaliación, mantendo os apartados de actitude e a nota mínima dun 3 no exame teórico. A única excepción é o curso de 2º ESO A onde hai alumnado que ten un 3 moi xusto no exame teórico pero non lle daría a nota media para o 5. Vouvos poñer un 5 na avaliación pero quero que saibades que si fora unha avaliación normal estariades suspensos, é o caso de Nekane, María, Naroa, Lucas e Fran. Hai que estudiar algo máis.
Non vou subir as medias dos distintos cursos ao blogue porque hai alumnos que non queren e pola lei de protección de datos tampouco podería facelo. O venres chegarán as notas aos correos das vosas  familias e poderán consultarse na aplicación Abalar. 
De todos xeitos non vos preocupedes nada polas notas. Nestes intres non é o máis importante. O verdadeiramente importante agora é que toda esta situación pase e poidamos volver a estar xuntos.
Moito ánimo a tod@s. Un abrazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario