domingo, 8 de marzo de 2020

MEMORIA SEMANA NEVE 19-20

O venres 06 de marzo sobre ás 03:30 chegamos a Bergondo dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sobre todo sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Sufrimos unhas condicións meterorolóxicas moi adversas e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 
Tivemos un total de 6 visitas á clínica sen moita gravidade: dúas escordaduras de nocello, e catro contusións; espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 11%, sendo todas as lesións de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario