martes, 17 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA A CUARENTENA

Para estos días nos que estamos obrigados a permanecer na casa recoméndovos que tratedes de manter un horario cunhas actividades a uns horarios determinados: traballo do cole, lectura, xogos de mesa e actividade física. Tede en conta que é posible que pasemos máis de 15 días nesta situación.
Os cursos de 1º de ESO A e 3º de ESO A quédavos por facer o exame teórico, tratade de ir mirando algo para non atoparse con todo cando volvamos a clase; tamén aqueles alumnos de 4º B que non fixestes o exame pola saída.
O resto dos cursos tratade de facer algunas rutinas de exercicios físicos (flexións, abdominais, sentadillas, fondos adiante, saltos coa comba, burpees, skipping, multisaltos.....) e combinade con exercicios de flexibilidade e algún exercicio de respiración e relaxación. Facede algo todos os días. Tratarei de ir subindo algunha rutina concreta ou algún enlace. E coidádevos moito.
Para calqueira dúbida ou consulta: jlallegue@hotmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario