domingo, 3 de octubre de 2021

NORMAS RECREO ESO

 1. A partir do luns 04 de outubro empezaremos a deixar material deportivo para que poidades xogar nos recreos baixo unhas normas. Esta situación seguirá así  sempre que a situación sanitaria o permita.

 2. Haberá os seguintes ESPAZOS de xogo.

ESPAZO 1: Parte superior do patio do comedor, na canastra pegada ao pavillón.

ESPAZO 2: Parte inferior do patio do comedor, na canastra pegada ao pavillón.

ESPAZO 3: Campo de fútbol-sala. Poderase xogar ao fútbol-sala no campo.

ESPAZO 4: Mesa de ping-pong 1.

ESPAZO 5: Mesa de ping-pong 2.

 3. No campo de fútbol-sala participarán un máximo de 20 xogadores intentando minimizar os contactos.

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

4º ESO

3º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

 No baloncesto haberá unha limitación de 8 xogadores en cada canastra.

Nas mesas de ping-pong haberá que dispoñer de MATERIAL PROPIO que non se poderá compartir e só se poderá xogar 4 á vez.

 4. O material estará ubicado dentro do pavillón nunha caixa onde se recollerá e se volverá a deixar unha vez que soe o timbre. MATERIAL: un balón de fútbol e dous balóns de baloncesto.

 5. Deberán seguir cumpríndose as normas relacionadas coa COVID: máscara, desinfección de mans e trataremos de manter a distancia de seguridade o máximo que poidamos.

 6. De observarse por parte do profesorado de garda que estas normas se incumpren sistemáticamente procederemos á retirada do material.

 7. No caso de chover, non se permite xogo nin a utilización do material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario