O venres 18 de marzo sobre ás 02:30 chegamos a Bergondo dende Jaca o profesorado e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e a vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Tivemos unhas condicións meterorolóxicas cambiantes con chuvia e neve uns días, outro sol e outro cuberto e unha neve diferente tamén cada día; e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible.
Tivemos só 1 visita á clínica cun esguince de xeonllo que espero se recupere o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 2%, sendo a lesión de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario