jueves, 21 de diciembre de 2023

VACACIÓNS DE NADAL

Rematamos o 1º trimestre o xoves e estaremos de vacacións do 22 de decembro ao 07 de xaneiro. Lembrade que durante a segunda semana de xaneiro, se todo vai ben, faremos á saída á neve.

Como xefe de estudos felicitarvos por un trimestre relativamente tranquilo, agradecervos a vosa axuda e colaboración sempre que a solicitei e pedirlle aos Reis que sigades así durante o resto do curso.

Mandar ánimos aos distintos lesionados, magullados, dolidos ou enfadados cos árbitros despois do torneo de fútbol e desexar que pasedes un bo nadal na compaña de familia e amigos. 

Unha aperta a tod@s. 

Vémonos no 2024.... ou antes.

FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 23-24


 Déixovos o enlace ás fotos do torneo. Unha aperta.

RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 23-24

12 equipos participaron nesta nova edición do Torneo de fútbol-sala no CPI Cruz do Sar coa victoria final do equipo "LA OLA" por segunda edición consecutiva. Noraboa aos campións e a todos os participantes e asistentes ao torneo. Coma sempre o ambiente nas gradas foi impresionante. Este ano sí podo decir que estou orgulloso do voso comportamento tanto no campo coma nas gradas, aínda que sempre se pode ir mellorando algún aspecto. A descansar e a disfrutar dunhas merecidas vacacións.

10:30-11:00        TILINES CALVOS – FC PANITAS        (0-2) 

11:00-11:30         LA IUPAC – DANONE´S                         (1-2)

11:30-12:00         R. FUENTEALBILLA – PROF@S         (2-1)

12:00-12:30         OS XURELOS – LA OLA                        (0-3)

 

09:45-10:15         FC PANITAS – MEUS XOIÑOS              (0-6)

10:15-10:45         OS AMIGUS  – DANONE´S                      (1-3)

10:45-11:15          R. FUENTEALBILLA – GARY´S FC      (2-1)

11:15-11:45          BRONX FC – LA OLA                               (0-3)

SEMIFINALES

11:45-12:15          MEUS XOIÑOSDANONE´S                 (1-3)

12:15-12:45          R. FUENTEALBILLA – LA OLA            (0-1)

FINAL

13:00-13-30          DANONE´S – LA OLA                              (1-3) 

lunes, 18 de diciembre de 2023

RESULTADOS 1ª AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria na materia de Educación Física foron os seguintes:

1º ESO A:      23 alumnos        20  aprobados      03 suspensos          87% aprobados

1º ESO B:      22 alumnos        18 aprobados       04 suspensos          82% aprobados

TOTAL 1º      45 alumnos        38 aprobados       07 suspensos          84% aprobados


2º ESO A:      21 alumnos        16 aprobados       05 suspensos         76% aprobados

2º ESO B:      21 alumnos        17 aprobados       04 suspensos          81% aprobados

TOTAL 2º      42 alumnos        33 aprobados       09 suspensos          79% aprobados


3º ESO A:     23 alumnos         22 aprobados        01 suspensos         96% aprobados

3º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos         96% aprobados

TOTAL 3º     47 alumnos         45 aprobados        02 suspensos         96% aprobados


4º ESO A:     17 alumnos         16  aprobados       01 suspensos        94% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         15 aprobados        01 suspensos        94% aprobados

TOTAL 4º:     33 alumnos         31  aprobados       02 suspensos        94% aprobados

TOTAL     167  alumnos    147 aprobados     20 suspensos     88% aprobados

viernes, 15 de diciembre de 2023

HORARIO PARTIDOS TORNEO FÚTBOL SALA

O torneo de fútbol-sala terá lugar os días 20 e 21 de decembro cos seguintes horarios aproximados: 

MÉRCORES 20 DE DECEMBRO 

10:30-11:00          TILINES CALVOS – FC PANITAS                 (1)

                                                                 Árbitro: Yago Cives

11:00-11:30          LA IUPAC – DANONE´S                                   (2)

Árbitro: Miguel Salorio

11:30-12:00           RAYO FUENTEALBILLA – PROF@S            (3)    

Árbitro: Adrián Seoane Souto

12:00-12:30           OS XURELOS – LA OLA                                 (4)

Árbitro: Juan Luis Allegue 

XOVES 21 DE DECEMBRO

09:20-09:45           ENTREGA NOTAS – ENTRADA AO PAVILLÓN

09:45-10:15           Gañador 1 – MEUS XOIÑOS                            (A)

Árbitro: Adrián Chiaffitella

10:15-10:45           OS AMIGUS  – Gañador 2                                (B)

Árbitro: Hugo Fernández

10:45-11:15           Gañador 3 – GARY´S FC                                  (C)

Árbitro: Bruno Riveiro

11:15-11:45          BRONX FC – Gañador 4                                   (D)

Árbitro: Juan Luis Allegue 

11:45-12:15          Gañador A – Gañador B

12:15-12:45          Gañador C – Gañador D

13:00-13:30          Gañador A-B / Gañador C-D

13:30-13-45          Saída -  Comedor

jueves, 14 de diciembre de 2023

NORMAS TORNEO FÚTBOL SALA

Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:
1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.
2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.
3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.
4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.
5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.
6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.

SUSPENSIÓN SEMANA NEVE

Debido á falta de neve na estación de Astún vémonos na obriga de suspender a actividade da viaxe á neve. Malia as nevadas de onte, dende a dirección da estación non nos garantizan a apertura da estación o luns nunhas mínimas condicións.

As novas datas para a actividade serán do 07 ao 11 de xaneiro cos mesmos horarios que tiñamos. Ao alumnado que non poida ir nestas datas devolveráselle íntegro o importe da saída (incluída a fianza), terán que devolver o importe das rifas que venderon e as rifas sobrantes que non venderon.


Se alguén necesita algunha outra aclaración que contacte conmigo. Lamento as molestias que esta decisión poida causar e a incerteza destes días.

domingo, 12 de noviembre de 2023

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 95 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será, se a neve o permite, do día 17 ao 21 de decembro (esquiando os días 18, 19, 20 e 21) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

 

O prezo por persona será de 480 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

 

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben dous talonarios teñen que ingresar os 200 euros na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outros dous (ingresando cando os vendan só 180) ata un máximo de cinco. O quinto talonario quedarían cos cartos para recuperar a fianza.

 

Os socios da ANPA terán unha axuda de 50 euros para o pago da excursión. Dende a ANPA lembran que aída poden facerse socios da asociación.

 

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 16 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.


miércoles, 8 de noviembre de 2023

DATAS EXAME TEÓRICO ESO

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:



2º ESO B: 20 de novembro
3º ESO A: 22 de novembro
3º ESO B: 23 de novembro
4º ESO A: 20 de novembro
4º ESO B: 20 de novembro

sábado, 4 de noviembre de 2023

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O sábado día 11 de novembro celébrase o DÍA DO PEÓN. Por este motivo durante a semana do 13 ao 17 de novembro intantaremos adicar algunha clase de EF de Secundaria a tratar de aprender a "bailar o peón".

Este martes pasado, o día 31 de outubro despois do segundo recreo tivemos a celebración do Magosto onde poidemos disfrutar da degustación das tradicionais castañas. Agardamos que disfrutarades con elas malia o mal tempo.

Déixovos o manifesto para o día do peón de BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.

MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN 2023

jueves, 26 de octubre de 2023

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 23-24

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP, 2º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o venres 03 de novembro. 

     O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 03 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.


     A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (17-21) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente arredor dos 500 €. Estamos a barallar outras estacións e outros presupostos debido ao incremento de prezo respecto a outros anos. Irémosvos informando se hai cambios.


     O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

miércoles, 25 de octubre de 2023

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

 As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 3. Voleibol
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Baloncesto

sábado, 21 de octubre de 2023

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. Aínda faltan por actualizar con datos deste curso as marcas de 1º e algunha de 2º.

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

lunes, 16 de octubre de 2023

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: luns, 06 de Novembro

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Souto e Manuel.
2. Zeltia, Brenda e Candela.
3. Alejandro, Bruno e Víctor.
4. Miguel, Pedro e Gabriel.
5. Miriam, Zóe e Vaz
6. Tania, Alba e Mateo.

GRUPOS 4º ESO B
1. Pablo e Anxo.
2. Aldán e Yago.
3. Mario, Daniel e Tomás.
4. Claudia, Manuela e Ada.
5. Emma, Carla e Zion.
6. Daniela, Clara e Icía.

viernes, 29 de septiembre de 2023

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do luns 02 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl  na entrada do edificio da ESO. Este curso o baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO, o material é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e material.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

 

viernes, 22 de septiembre de 2023

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

Neste curso 2023-24 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:

Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Kike Vázquez Suárez: imparte clase en 1º ESO e 2º ESO A.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 2º ESO B, 3º e 4º de ESO.

domingo, 10 de septiembre de 2023

INICIO CURSO 23-24


De novo estamos de volta no CPI Cruz do Sar, hoxe 11 de setembro iniciamos un novo curso que espero levedes con ilusión e ganas de aprender. No departamento de Educación Física temos algunha novidade. Unha aperta a tod@s, vémonos no centro.

Benvid@s a tod@s.

martes, 27 de junio de 2023

RAFTING 22-23. MEMORIA E FOTOS

O día de onte estivemos a desfrutar dunha actividade de rafting no río Ulla, no tramo da Ponte da Sinde a Herbón. Fíxonos un día de sol e calor que nos permitiu facelas actividades e aproveitar ao máximo a zona de comida na área recreativa A.Barosa, un sitio espectacular pola súa beleza. Pola tarde adicámonos un rato a aliviar tensións no campo de paintball Campodolobo. Esperamos que vos gustasen as actividades e que fose un día divertido para tod@s. Grazas polo voso comportamento, por participar e vivir con nós esta aventura.

Malia que xa as envíamos ao grupo de whatsapp queda, coma sempre, o enlace ás fotos da actividade e tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade do menu da esquerda. Vémonos noutro río. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/ENmte3Xjo89N1QJP9


jueves, 22 de junio de 2023

FIN DE CURSO 22-23

O mércores 21 de xuño rematamos este curso 22-23. Para mín foi importante porque é o primeiro curso dos que levo no Cruz do Sar no que conseguín sacar adiante case todas as actividades extraescolares programadas polo departamento: surf en 1º ESO, acampada en 2º, rafting en 3º, Camiño de Santiago en 4º ESO e a semana da neve en 6º EP, 2º e 3º ESO. Penso que todas estas actividades axudan a que vos formedes coma personas e aprendades a ser máis autónomos e responsables. Pero estas saídas non serían posible de non ter un pouco de complicidade con vós, CONFIAR EN VÓS  e esto significa que o voso comportamento sexa bo. Paseino ben este curso, disfrutamos de moitas actividade e espero que para todos vós este curso tamén fora especial.

Deséxovos a tod@s unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas, aproveitade algún momento para analizar tamén como foi o voso curso e o voso comportamento. Este ano houbo un montón de problemas de convivencia en cursos diferentes, pensade si de verdade estes "malos rollos" merecen a pena. Moita sorte tamén a todos aqueles que nos deixan e van continuar o seu camiño noutro centro. Botarémosvos de menos. Pois nada, a disfrutar do verán. Vémonos en setembro...

martes, 20 de junio de 2023

DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO 22-23


Non sei en que momento da nosa traxectoria xuntos empezamos a separarnos, non sei onde quedou o feeling que tiña con vós cando entramos xuntos na ESO, e digo entramos, porque ese foi o meu primeiro curso no CPI Cruz do Sar. Con 4º A malia as nosas desavenencias ao longo destes anos fomos recuperando parte desa boa relación que había, sinto dicir que con 4º B non sentín o mesmo. Sei que tod@s temos parte de culpa, pero para mín que adoito ter, en xeral, boa relación co alumnado este curso con vós resultoume complicado.

Hai personas que fan mellores ás personas coas que están; outras que teñen tendencia a deixarse arrastrar polos demais; outras cun ego tan grande que son incapaces de recoñecer os seus erros e tratar de cambiar ou adaptarse; outras que tratando de evitar problemas, e pesar da súa intelixencia, son incapaces de plantarse ante as inxustizas; outras que son nocivas para o resto; outras...., en fin... espero que cos anos a maioría de vós sexa, ou intente ser, do primeiro grupo

Sodes unha xeración que pasou por unha pandemia e un confinamento nunha etapa complicada  da vida, espero que saibades sobrepoñervos a esa situación. Moitos teriades que ter repetido en algún momento moito antes de chegar a este curso, pero as cousas son así e sei que a inmensa maioría marcharedes este curso. 

Agora vou dicir ALGO AMABLE. Malia  todo o que vos dixen antes eu sigo creendo en vós, agora que empezades unha nova etapa o mundo ábrese ante vós e tedes que saír e ser constantes e perseverantes para acadar os vosos soños. Quero dicirvos tamén a tod@s que aquí seguides a ter ao voso centro e aos vosos profesores para o que precisedes. Deséxovos toda a sorte do mundo para o voso futuro e lembrade que o máis importante, o que máis hai que coidar son a familia e os amigos.

Pedirvos perdón por todo o que poiden facer ou dicir ao longo destes anos que vos poidera ter parecido mal (incluida esta entrada), quero que saibades que a miña intención sempre é intentar que sexades mellores personas. Non me enrollo máis. MOITA SORTE A TOD@S na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. BICOS PARA TOD@s.

MEMORIA E FOTOS ACAMPADA

E os nosos gran meteorólogos de 2º de ESO erraron as súas previsións e SÍ QUE CHOVEU!. Malia as adversas condicións meteorolóxicas que nos perseguiron durante estes dous días fomos quen de realizar todas as actividades previstas. Gracias pola vosa colaboración e comportamento, En xeral a actividade desenrolouse de xeito satisfactorio. Agradecer a Fernando a súa colaboración e axuda na realización da actividade. Espero que volvades algún día a este sitio con sol, sobre todo á ruta en kaiak. Vémonos noutra, unha aperta a tod@s.

Podedes ver as fotos que sacamos os profes e as poucas que me mandastes algúns pinchando no icono da actividade no menú da esquerda ou no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/6SLtkBRQyaH8prhe6



sábado, 17 de junio de 2023

SAÍDA ACAMPADA

Desafiando as previsións metereolóxicas o alumnado de 2º de ESO acompañados por Fernando e eu mesmo realizaremos unha acampada no cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero), alí montaremos as nosas tendas e realizaremos unha ruta en kaiak no encoro do río Eume e unha ruta de sendeirismo polas Fragas. Espero que o tempo nos respete un pouco e que tod@s vos portedes o mellor posible. Vémonos mañá ás 10:00 no Concello. 

jueves, 15 de junio de 2023

SEMANA ORIENTACIÓN

Durante esta semana e a seguinte estamos a traballar cos diferentes cursos da ESO diferentes aspectos relacionadas coa orientación: rastreos, lectura de mapas, recorridos dentro do centro e fóra do centro..., intentando aprender conceptos básicos como mapa, tarxeta de control, compás, baliza, rumbo... 

Empezamos algo tarde polo que non nos dará tempo a ver todo, pero considero que está ben que teñades unha lixeira idea dese deporte tan descoñecido que é a orientación.

martes, 13 de junio de 2023

AUTORIZACIÓN RAFTING

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o martes día 27 de Xuño co alumnado de 3º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·        A saída será do concello de Bergondo  ás 09:00 h. do día 27 de Xuño.

·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.

·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.

·        A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·        O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (22 €)  e de paintball (24 € con cargador de 200 bolas).

·        É obrigatorio saber nadar.

·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o venres 16 de xuño e para pagar o mércores 21 de xuño.

miércoles, 7 de junio de 2023

PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA

1º día: CÁMPING - KAIAK

10:00   Saída de Bergondo (Concello)

11:00   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)

12:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades

14:00   Xantar no cámping

15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)

16:00   Kaiak no Encoro do Eume

19:30   Regreso ao Cámping

21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS

08:00   Levantarse

08:30   Almorzo

09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)

13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus

14:00   Xantar

16:30   Recollida tendas

17:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo

18:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo

 

PREZO:  45  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 14 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.

 

MATERIAL RECOMENDADO:

- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)

- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA

- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.

- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...

- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

- OUTROS: Lanterna

domingo, 21 de mayo de 2023

FOTOS E MEMORIA SURF 22-23

O xoves 18 de maio o alumnado de 1º de ESO inaugurou a actividade de surf  que tentaremos realizar tódolos anos a partir de agora igual que manter o resto de actividades que organizamos dende o departamento de EF. A actividade fíxose algo curta, o ideal sería facer dous días para ter a opción de mellorar un pouco máis. As condicións das olas tampouco eran as máis axeitadas aínda que tratamos de aproveitar todo o que poidemos. Grazas a tod@s por asistir e a María e a Raquel por acompañarnos. Déixovos o enlace coas fotos da actividade que sacaron María e Raquel. 

https://photos.app.goo.gl/XP18omCTwt4N2abc6



lunes, 15 de mayo de 2023

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO 3ª AVALIACIÓN


Estas son as datas dos exames teóricos da 3ª avaliación:

1º ESO A: 25 de maio (Temas 6 e 7 aula virtual)
1º ESO B: 26 de maio (Temas 6 e 7 aula virtual)
2º ESO A: 31 de maio  (Temas 5, 6 e 10 aula virtual)
2º ESO B: 29 de maio (Temas 5, 6 e 10 aula virtual)
3º ESO A: 16 de maio (Temas 6, 7 e 8 aula virtual)
3º ESO B: 30 de maio  (Temas 6, 7 e 8 aula virtual)
4º ESO A: 26 de maio (Temas 4 e 7 aula virtual)
4º ESO B: 26 de maio (Temas 4 e 7 aula virtual)

lunes, 24 de abril de 2023

AUTORIZACIÓN SURF 22-23

Esta semana repartiremos as autorizacións para a actividade de Iniciación ao surf, dirixida ao alumnado de 1º de ESO,  tendo como prazo de entrega ata o venres 28 de de abril. 

A actividade levarase a cabo o xoves 18 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade, probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar.

É preciso saber nadar.