jueves, 22 de junio de 2023

FIN DE CURSO 22-23

O mércores 21 de xuño rematamos este curso 22-23. Para mín foi importante porque é o primeiro curso dos que levo no Cruz do Sar no que conseguín sacar adiante case todas as actividades extraescolares programadas polo departamento: surf en 1º ESO, acampada en 2º, rafting en 3º, Camiño de Santiago en 4º ESO e a semana da neve en 6º EP, 2º e 3º ESO. Penso que todas estas actividades axudan a que vos formedes coma personas e aprendades a ser máis autónomos e responsables. Pero estas saídas non serían posible de non ter un pouco de complicidade con vós, CONFIAR EN VÓS  e esto significa que o voso comportamento sexa bo. Paseino ben este curso, disfrutamos de moitas actividade e espero que para todos vós este curso tamén fora especial.

Deséxovos a tod@s unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas, aproveitade algún momento para analizar tamén como foi o voso curso e o voso comportamento. Este ano houbo un montón de problemas de convivencia en cursos diferentes, pensade si de verdade estes "malos rollos" merecen a pena. Moita sorte tamén a todos aqueles que nos deixan e van continuar o seu camiño noutro centro. Botarémosvos de menos. Pois nada, a disfrutar do verán. Vémonos en setembro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario