martes, 13 de junio de 2023

AUTORIZACIÓN RAFTING

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o martes día 27 de Xuño co alumnado de 3º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·        A saída será do concello de Bergondo  ás 09:00 h. do día 27 de Xuño.

·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.

·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.

·        A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·        O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (22 €)  e de paintball (24 € con cargador de 200 bolas).

·        É obrigatorio saber nadar.

·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o venres 16 de xuño e para pagar o mércores 21 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario