martes, 20 de junio de 2023

DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO 22-23


Non sei en que momento da nosa traxectoria xuntos empezamos a separarnos, non sei onde quedou o feeling que tiña con vós cando entramos xuntos na ESO, e digo entramos, porque ese foi o meu primeiro curso no CPI Cruz do Sar. Con 4º A malia as nosas desavenencias ao longo destes anos fomos recuperando parte desa boa relación que había, sinto dicir que con 4º B non sentín o mesmo. Sei que tod@s temos parte de culpa, pero para mín que adoito ter, en xeral, boa relación co alumnado este curso con vós resultoume complicado.

Hai personas que fan mellores ás personas coas que están; outras que teñen tendencia a deixarse arrastrar polos demais; outras cun ego tan grande que son incapaces de recoñecer os seus erros e tratar de cambiar ou adaptarse; outras que tratando de evitar problemas, e pesar da súa intelixencia, son incapaces de plantarse ante as inxustizas; outras que son nocivas para o resto; outras...., en fin... espero que cos anos a maioría de vós sexa, ou intente ser, do primeiro grupo

Sodes unha xeración que pasou por unha pandemia e un confinamento nunha etapa complicada  da vida, espero que saibades sobrepoñervos a esa situación. Moitos teriades que ter repetido en algún momento moito antes de chegar a este curso, pero as cousas son así e sei que a inmensa maioría marcharedes este curso. 

Agora vou dicir ALGO AMABLE. Malia  todo o que vos dixen antes eu sigo creendo en vós, agora que empezades unha nova etapa o mundo ábrese ante vós e tedes que saír e ser constantes e perseverantes para acadar os vosos soños. Quero dicirvos tamén a tod@s que aquí seguides a ter ao voso centro e aos vosos profesores para o que precisedes. Deséxovos toda a sorte do mundo para o voso futuro e lembrade que o máis importante, o que máis hai que coidar son a familia e os amigos.

Pedirvos perdón por todo o que poiden facer ou dicir ao longo destes anos que vos poidera ter parecido mal (incluida esta entrada), quero que saibades que a miña intención sempre é intentar que sexades mellores personas. Non me enrollo máis. MOITA SORTE A TOD@S na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. BICOS PARA TOD@s.

2 comentarios:

  1. Este tipo de comentarios públicos son impropios de un docente. Deixas en mal lugar a eses rapaces e rapazas que aparecen nas fotos ( que son menores). A adolescencia é complicada pero pasaxeira e o noso cometido é acompañalos, guiarlos e ser exemplo. Non debemos xuzgar e condenar aos nosos alumnos. Falta autocrítica no teu comentario.

    ResponderEliminar
  2. Eles me coñecen e saben que non estou a xulgar a ninguén, nada máis lonxe da miña intención. Simplemente reflicto o qu eu, coma persona, sentín durante o curso. Creo que eles saben o que os quero e que lles desexo o mellor do mundo. Saben tamén que poden contar comigo cando precisen tanto profesional como persoalmente. Calquera deles pode contactar comigo se quere que saque ou modifique esta entrada.

    ResponderEliminar