jueves, 14 de diciembre de 2023

SUSPENSIÓN SEMANA NEVE

Debido á falta de neve na estación de Astún vémonos na obriga de suspender a actividade da viaxe á neve. Malia as nevadas de onte, dende a dirección da estación non nos garantizan a apertura da estación o luns nunhas mínimas condicións.

As novas datas para a actividade serán do 07 ao 11 de xaneiro cos mesmos horarios que tiñamos. Ao alumnado que non poida ir nestas datas devolveráselle íntegro o importe da saída (incluída a fianza), terán que devolver o importe das rifas que venderon e as rifas sobrantes que non venderon.


Se alguén necesita algunha outra aclaración que contacte conmigo. Lamento as molestias que esta decisión poida causar e a incerteza destes días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario