Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos un total de 24 alumn@s de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto todos os alumnos anotados irán dous días á actividade de SURF.
O prezo total da actividade será de 30 € (15€ por cada día). A actividade durará aproximadamente 2 horas. O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas: bañador, toallas, chanclas e protector solar. Que leven tamén auga e a súa merenda.
Esta actividade realizarase o mércores día 15 e 16 de maio co seguinte horario:
09:30 Saída do centro CPI Cruz do Sar
10:00 a 12:00 SURF
12:30 Regreso ao centro CPI Cruz do Sar
13:00 Chegada ao centro
O alumnado que realiza a actividade terá clase no CPI as dúas últimas horas, polo que deben levar unha mochila co material das últimas horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario