domingo, 9 de enero de 2022

UNIDADES 2ª AVALIACIÓN ESO

 As unidades que imos  ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 5. Xogos populares e alternativos 1
UD 6. Actividades de raqueta 1: Badminton
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 2. Atletismo 1
UD 5. Floorball
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD12. Condición física e saúde 4
UD 2. Atletismo 2

VOLTA ÁS CLASES

O luns 10 de xaneiro voltamos ás aulas no CPI Cruz do Sar, a situación da pandemia empeorou durante as vacacións, pero agardamos coa colaboración de tod@s manter controlados os contaxios nos centros. A ver se neste 2022 conseguimos acabar con este pesadelo. Un abrazo a tod@s. Vémonos mañá.


CAMBIO DATAS SEMANA NEVE

Como falamos na reunión coas familias en decembro intentamos retrasar un pouco as datas da semana da neve agardando que melloren algo os indicadores da pandemia. As novas datas son do 13 ao 18 de MARZO. Se algún non pode ir nesas datas devolveráselle a fianza.

miércoles, 22 de diciembre de 2021

VACACIÓNS NADAL

Bueno, pois ata aquí chegou este 2021 no aspecto académico. O martes  21 de decembro tivemos dúas rutas, unha ao Mosteiro de Bergondo e outra ao Pazo de Mariñán e con elas e coas notas despedímonos ata o 2022.

Felicitarvos a tod@s por seguir poñendo o voso gran de area na loita contra o coronavirus e desexar que nalgún momento do 2022 poida rematar este pesadelo e retomar as nosas vidas e as nosas clases dun xeito NORMAL. Pedirvos desculpas se durante este 2021 cometín erros con vós ou dixen ou fixen algo que vos sentara mal.

Deséxovos a tod@s unhas felices festas coas vosas familias e unha boa entrada neste ano 2022 que nos agarda á volta da esquina. Lembrade que estaremos de volta o día 10 de xaneiro.

BO NADAL!!!.

FOTOS I TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Antes de nada pedirvos desculpas porque non me lembrei de sacar fotos ata a última ronda. Pedínlle a Miguel que me sacase unhas poucas. Polo tanto hai moitos dos participantes que non aparecen. De todos xeitos déixovos o enlace para poder acceder a elas. Tamén podedes acceder dende o menú da esquerda do menú principal pinchando na foto do Torneo.



lunes, 20 de diciembre de 2021

RESULTADOS I TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Este luns 20 de dcembro celebramos no CPI  Cruz do Sar o I Torneo de Xadrez, contamos con 68 participantes dos cursos da ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e paciencia e tamén a vosa inapreciable axuda na recollida de todo o material. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O gañador foi Alejandro Rodríguez Mallo de 4º de ESO. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Alejandro Rodríguez Mallo
2º Clasificado: Yago Cives Domínguez
3º Clasificado: Joshua Feliz García
4º Clasificado: Aldán Rodríguez Mallo
Mellor alumna clasificada: Alejandra Quintáns Chivulescu
Mellor clasificado de 1º de ESO: Joshua Feliz García
Mellor clasificado de 2º de ESO: Yago Cives Domínguez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Miguel Gómez Ramírez
Mellor clasificado de 4º de ESO: Alejandro Rodríguez Mallo

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. Se alguén ten interese en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

domingo, 19 de diciembre de 2021

PREPARACIÓN TORNEO XADREZ

Xa está todo preparado para a celebración mañá do I Torneo de xadrez do CPI Cruz do Sar. Lembrade as normas COVID e tratade de manter silencio dentro do posible. Vémonos mañá. Moita sorte a tod@s.

jueves, 16 de diciembre de 2021

REUNIÓN SEMANA NEVE 21-22

O LUNS 20 de DECEMBRO ás 20:00 horas teremos unha reunión no salón de actos do edificio A SENRA para tratar distintos temas sobre a viaxe, e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

 

En principio, por prevención a causa da alta incidencia pregamos que entre á reunión unha única persona por alumn@.

sábado, 11 de diciembre de 2021

I SEMANA XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Coincidindo coa celebración o día 20 de decembro do noso I Torneo de Xadrez no CPI Cruz do Sar durante toda a semana do 13 ao 17 de decembro teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. 

Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender.

Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o luns 20 que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS

miércoles, 8 de diciembre de 2021

GRUPOS E CALENDARIO TORNEO BRILÉ

              GRUPO A                                                                    GRUPO B

            - AS SOBRAS                                                               - ROMPEBOLAS

            - PLAN B                                                                     - TELETUBBIES

            - LES PENDEJES                                                          - CUATERNARI@S

            - MACAC@S                                                               - VRILADORES

            - LES CODEGOYAS                                                      - LONCHAS

                                    DATAS APROXIMADAS PARTIDOS

1. AS SOBRAS – PLAN B                             LUNS 13 DECEMBRO

2. ROMPEBOLAS – TELETUBBIES            MÉRCORES 15 DECEMBRO

3. LES PENDEJES - MACAC@S                  VENRES 17 DECEMBRO

4. CUATERNARI@S – VRILADORES         LUNS 20 DECEMBRO

5. AS SOBRAS – LES CODEGOYAS            LUNS 10 XANEIRO

6. ROMPEBOLAS – LONCHAS                    MÉRCORES 12 XANEIRO

7. PLAN B – LES PENDEJES                        VENRES 14 XANEIRO

8. TELETUBBIES – CUATERNARIOS               LUNS 17 XANEIRO

9. LES PENDEJES – LES CODEGOYAS        MÉRCORES 19 XANEIRO

10. CUATERNARI@S – LONCHAS               VENRES 21 XANEIRO

11. AS SOBRAS- MACAC@S                         LUNS 24 XANEIRO

12. ROMPEBOLAS – VRILADORES             MÉRCORES 26 XANEIRO

13. PLAN B – LES CODEGOYAS                   VENRES 28 XANEIRO

14. TELETUBBIES – LONCHAS                     LUNS 31 XANEIRO

15. LES PENDEJES – AS SOBRAS                  MÉRCORES 02 FEBREIRO

16. CUATERNARI@S – ROMPEBOLAS        VENRES 04 FEBREIRO

17. MACAC@S – LES CODEGOYAS              LUNS 07 FEBREIRO

18. VRILADORES – LONCHAS                       MÉRCORES 09 FEBREIRO

19. PLAN B – MACAC@S                                VENRES 11 FEBREIRO

20. TELETUBBIES – VRILADORES                LUNS 14 FEBREIRO

 

(C) 1º GRUPO A – 4º GRUPO B (21 FEBREIRO)

(D) 1º GRUPO B – 4º GRUPO A (23 FEBREIRO)

(E) 2º GRUPO A – 3º GRUPO B (25 FEBREIRO)

(F) 2º GRUPO B – 3º GRUPO A (04 MARZO)

 

SEMIFINAL (G) GAÑADOR C – GAÑADOR F (8 MARZO)

 SEMIFINAL (H) GAÑADOR D – GAÑADOR E (10 MARZO)

 

FINAL GAÑADOR G- GAÑADOR H (16 MARZO)