miércoles, 22 de diciembre de 2021

VACACIÓNS NADAL

Bueno, pois ata aquí chegou este 2021 no aspecto académico. O martes  21 de decembro tivemos dúas rutas, unha ao Mosteiro de Bergondo e outra ao Pazo de Mariñán e con elas e coas notas despedímonos ata o 2022.

Felicitarvos a tod@s por seguir poñendo o voso gran de area na loita contra o coronavirus e desexar que nalgún momento do 2022 poida rematar este pesadelo e retomar as nosas vidas e as nosas clases dun xeito NORMAL. Pedirvos desculpas se durante este 2021 cometín erros con vós ou dixen ou fixen algo que vos sentara mal.

Deséxovos a tod@s unhas felices festas coas vosas familias e unha boa entrada neste ano 2022 que nos agarda á volta da esquina. Lembrade que estaremos de volta o día 10 de xaneiro.

BO NADAL!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario