miércoles, 8 de diciembre de 2021

NORMAS TORNEO BRILÉ

 - Equipos de 12 componentes máximo, só poden xogar 10, equipos mixtos cun mínimo de 5 xogadoras; os que empecen teñen que rematar o partido, non se permiten cambios.

 - O balón será de espuma ou similar e os capitáns xogarán a pares ou nones o primeiro balón.

 - Xógase ata brilar a todos os dun equipo ou acabar o tempo dos dous recreos (30 minutos). Nese caso gana o equipo que teña menos brilados, se hai empate gaña o que brilase ao último antes.

 - Tedes que xogar sin árbitro e intentar resolver as xogadas por vós mesmos. De non chegarse a un acordo voltarase á situación anterior ao desacordo.

 - Se o balón sae polos laterais corresponde ao equipo desa zona de xogo, se sae polo fondo é do equipo de brilados dese lado.

 - Ao inicio do partido o capitán de cada equipo colocarase na zona de brilados. O primeiro brilado de cada equipo salva da zona de brilados ao capitán que pode voltar á zona central.

 - Se o balón golpea a cabeza dun contrario non se considerará brilado, agás que o xogador meta a cabeza con esa intención.

 - Se o balón da a un contrario pero antes de caer ao chan o colle calqueira xogador (do seu equipo ou do contrario) non é brilado.

 - Se o balón toca a un contrario e o rebote dálle a un compañeiro e cae ao chan só se considerará brilado ao último xogador.

 - Se un xogador é brilado, deberá ir á zona de brilados e facer un lanzamento, se  brila a un contrario poderá volver á zona de xogo central. Esto só sucede no primeiro lanzamento tras ser brilado.

 - Para coller o balón debe estar na nosa zona do terreo de xogo e non poderemos pisar as liñas para coller o balón.

 - Un xogador non poderá lanzar dúas veces consecutivas a non ser que sexa o último xogador (tanto na zona central coma na zona de brilados).

No hay comentarios:

Publicar un comentario