jueves, 9 de junio de 2022

PROXECTO RÍOS. SAÍDA AO RÍO CALLOU 21-22

O xoves 09 de xuño colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. 

O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. 

Agradecer a Cristina a oportunidade de poder acompañarnos nesta actividade. Pinchando no enlace teredes acceso ás fotos que sacamos.


martes, 7 de junio de 2022

AUTORIZACIÓN RAFTING 21-22


O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o luns día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.

A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·        A saída será do concello de Bergondo  ás 8.30 h. do día 27 de Xuño.

·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.

·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.

·       A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·     O prezo é entre 40-42 euros, esto inclúe a actividade de rafting e de paintball.. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 30 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.

·        É obrigatorio saber nadar.

·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o venres 10 de xuño.

domingo, 5 de junio de 2022

PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO

10:00   Saída de Bergondo (Concello)

11:00   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)

12:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades

14:00   Xantar no cámping

15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)

16:00   Piragüismo no Encoro do Eume

19:30   Regreso ao Cámping

21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS

08:00   Levantarse

08:30   Almorzo

09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)

13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus

14:00   Xantar

16:30   Recollida tendas

17:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo

18:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo

PREZO:  40  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o venres 10 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.

 

 MATERIAL RECOMENDADO:

- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)

- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA

- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.

- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...

- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

- OUTROS: Lanterna

FOTOS XOGOS POPULARES 21-22

Con moito retraso subo algunhas das fotos que sacamos na xornada de xogos populares que celebramos o derradeiro día antes de Semana Santa. Podedes velas no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/VnvvmTRwFMAqSsc59

sábado, 2 de abril de 2022

FOTOS SEMANA NEVE 21-22


Xa tedes subidas ao blogue as fotos da actividade da semana da neve. Están as que subimos ao grupo porque agás Alejandra ninguén me enviou máis fotos. Para acceder a elas pinchade no icono da actividade de Semana Neve 21-22 no menú da esquerda da páxina ou no seguinte enlace. Un saúdo a tod@s. 


sábado, 19 de marzo de 2022

MEMORIA SEMANA NEVE 21-22

O venres 18 de marzo sobre ás 02:30 chegamos a Bergondo dende Jaca o profesorado e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e  sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e a vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Tivemos unhas condicións meterorolóxicas cambiantes con chuvia e neve uns días, outro sol e outro cuberto e unha neve diferente tamén cada día; e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 

Tivemos só 1 visita á clínica cun esguince de xeonllo que espero se recupere o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 2%, sendo a lesión de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.

sábado, 12 de marzo de 2022

SAÍDA SEMANA NEVE 21-22


Quedan xa poucas horas para a saída á neve deste curso. Parece que ao final conseguiremos realizar a saída. Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 6:00 da mañá. Descansade.

miércoles, 23 de febrero de 2022

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

 Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entraran as dez mellores marcas de cada proba.

lunes, 21 de febrero de 2022

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO. 2ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 07 de marzo
1º ESO B: 08 de marzo
2º ESO A: 07 de marzo
2º ESO B: 07 de marzo
3º ESO A: 10 de marzo
3º ESO B: 09 de marzo
4º ESO A: 08 de marzo
4º ESO B: 11 de marzo

viernes, 14 de enero de 2022

MARÍA. CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE DE CICLOCROSS

Dende este blogue adicado á materia de EF do CPI Cruz do Sar queriamos felicitar a María Filgueiras de 4º da ESO polo seu recente campionato de España de ciclocross acadado o 8 de xaneiro despois de revalidar o seu título no campionato galego en decembro. Resulta difícil encadenar triunfos deste xeito e porén sentímonos orgullosos dos éxitos de María.

Unha gran aperta e a seguir acadando triunfos.

https://rfec.com/index.php/es/smartweb/seccion/noticia/rfec/ciclocross/46979-Maria-Filgueiras-y-David-Ivars-nuevos-campeones-de-Espana-cadetes-de-Ciclocross