martes, 14 de junio de 2022
FOTOS SAÍDA TERRAS DO MANDEO 2º ESO
Déixovos no enlace de abaixo as fotos sacadas na saída "Ría de Betanzos. Terras do Mandeo" organizada polo departamento de Bioloxía. Unha aperta a tod@s.
jueves, 9 de junio de 2022
PROXECTO RÍOS. SAÍDA AO RÍO CALLOU 21-22
O xoves 09 de xuño colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais.
martes, 7 de junio de 2022
AUTORIZACIÓN RAFTING 21-22
O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o luns día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball.
O rafting
consiste en baixar en grupos e
dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel
mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A
actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas,
casco e sempre estaremos acompañados de
dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·
O rafting faríase no río Ulla preto de
Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·
A saída será do concello de
Bergondo ás 8.30 h. do día 27 de
Xuño.
·
Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do
río Ulla.
·
A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00
horas dependendo do tempo que leve a actividade.
· A empresa Turnauga proporciona o
material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade
civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o
DNI.
· O prezo é entre 40-42 euros,
esto inclúe a actividade de rafting e de paintball.. Este
prezo é orientativo para un número aproximado de 30 alumnos, en función dos
alumnos que vaian podería modificarse.
·
É obrigatorio saber nadar.
·
MATERIAL:
Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e
traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto.
Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·
Profesores acompañantes:
Juan Luis Allegue.
·
A data límite para entregar as autorizacións é o venres 10 de xuño.
domingo, 5 de junio de 2022
PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA
PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
1º día:
CÁMPING - PIRAGÜISMO
10:00 Saída
de Bergondo (Concello)
11:00 Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
12:00 Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas
cámping e actividades
14:00 Xantar no cámping
15:30 Saída hacia As Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:00 Piragüismo no Encoro do Eume
19:30 Regreso ao Cámping
21:00 Cea
2º
día: CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00 Levantarse
08:30 Almorzo
09:00 Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14
13:00 Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00 Xantar
16:30 Recollida tendas
17:00 ou
20:00 Regreso a Bergondo
18:00 ou 21:00 Chegada a Bergondo
PREZO: 40 EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o venres 10 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna
FOTOS XOGOS POPULARES 21-22
Con moito retraso subo algunhas das fotos que sacamos na xornada de xogos populares que celebramos o derradeiro día antes de Semana Santa. Podedes velas no seguinte enlace:






