Empezamos algo tarde polo que non nos dará tempo a ver todo, pero considero que está ben que teñades unha lixeira idea dese deporte tan descoñecido que é a orientación.
jueves, 15 de junio de 2023
SEMANA ORIENTACIÓN
martes, 13 de junio de 2023
AUTORIZACIÓN RAFTING
O rafting consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·
O rafting faríase no río Ulla preto de
Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·
A saída será do concello de
Bergondo ás 09:00 h. do día 27 de
Xuño.
·
Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do
río Ulla.
·
A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00
horas dependendo do tempo que leve a actividade.
·
A empresa Turnauga proporciona o
material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade
civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o
DNI.
·
O prezo é de 46 euros, esto
inclúe a actividade de rafting (22 €) e de
paintball (24 € con cargador de 200 bolas).
·
É obrigatorio saber nadar.
·
MATERIAL:
Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou
escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa
interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·
Profesores acompañantes:
Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.
·
A data límite para entregar as autorizacións é o venres 16 de xuño e para
pagar o mércores 21 de xuño.
miércoles, 7 de junio de 2023
PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA
1º día: CÁMPING - KAIAK
10:00 Saída
de Bergondo (Concello)
11:00 Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
12:00 Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas
cámping e actividades
14:00 Xantar no cámping
15:30 Saída hacia As Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:00 Kaiak no Encoro do Eume
19:30 Regreso ao Cámping
21:00 Cea
2º
día: CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00 Levantarse
08:30 Almorzo
09:00 Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14
13:00 Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00 Xantar
16:30 Recollida tendas
17:00 ou
20:00 Regreso a Bergondo
18:00 ou
21:00 Chegada a Bergondo
PREZO: 45 EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 14 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna
domingo, 21 de mayo de 2023
FOTOS E MEMORIA SURF 22-23
https://photos.app.goo.gl/XP18omCTwt4N2abc6
lunes, 15 de mayo de 2023
DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO 3ª AVALIACIÓN
lunes, 24 de abril de 2023
AUTORIZACIÓN SURF 22-23
Esta semana repartiremos as autorizacións para a actividade de Iniciación ao surf, dirixida ao alumnado de 1º de ESO, tendo como prazo de entrega ata o venres 28 de de abril.
A actividade levarase a cabo o xoves 18 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo
está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis
habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade,
probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as
autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.
A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.
Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas: bañador, toalla, chanclas e protector solar.
É preciso saber nadar.
martes, 18 de abril de 2023
FOTOS ACROSPORT 22-23
viernes, 14 de abril de 2023
CAMIÑO SANTIAGO 22-23
martes, 11 de abril de 2023
UNIDADES 3ª AVALIACIÓN
As unidades que imos ver durante esta 3ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
UD 7. Expresión corporal 1
UD 8. Actividades na natureza 1
2º ESO
UD 6. Bailes de salón 1: Chachachá e pasodobre
3º ESO
UD 8. Expresión corporal 3
SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO 22-23
O xoves 13 de abril ás 09:30 o alumnado de 4º de ESO sairá dende o centro para realizar dúas etapas do Camiño Francés: O Cebreiro - Triacastela e Triacastela-Sarria. Voltaremos o venres pola tarde. A ver se o tempo nos acompaña. Non esquezades nada do que ía na autorización.









