miércoles, 8 de octubre de 2025

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto

domingo, 21 de septiembre de 2025

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do segundo recreo do luns 22 de setembro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado SERÁ COMPARTIDO para a ESO e EP e estará nun baúl  na entrada do edificio de 5º e 6º de EP.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO. Cando un balón sia fóra do recinto é responsabilidade do alumno que o lanzou ir a recollelo, sempre co permiso do profesorado de garda. De non ser posible avisarase o antes posible a algún profesor de EF.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, SEMPRE E CANDO non se lles dé co pé. SÓ SE PODE XOGAR AO FÚTBOL NO CAMPO DE FÚTBOL-SALA.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL. Individualmente o alumnado que non cumpra TODAS AS NORMAS terá un parte de incidencias.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

domingo, 7 de septiembre de 2025

PROFESORADO EF

Neste curso 2025-26 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:

Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Antón Ares Barral: imparte clase en 1º e 2º ESO.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 3º e 4º de ESO.

sábado, 6 de septiembre de 2025

INICIO CURSO 25-26

O luns 08 de setembro comezamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Acaban as vacacións e toca voltar ás rutinas. Intentaremos que sexa o máis levadeiro posible Teredes as dúas primeiras sesións cos vosos titores. A partir do primeiro recreo teremos xa o horario normal. Lembrade que ademais temos clase pola tarde.

Sorte neste novo curso que comeza. Sabedes que estamos aquí para o que precisedes.  
Benvid@s a tod@s.

30.000 VISITAS!!!

Esta semana alcanzamos entre todo@s as 30.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco grazas aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible.

GRAZAS

viernes, 27 de junio de 2025

MEMORIA E FOTOS RAFTING 24-25


Pois coa actividade de rafting de hoxe rematamos este curso 24-25 no departamento de EF. Un día estupendo, explorando o río Ulla en boa compaña. Mandeivos xa as fotos polo grupo pero aquí tedes unha escolleita das que vos enviei (sen os vídeos). Grazas a tod@s pola vosa asistencia sobre todo a Fernando por volver a ser o meu compañeiro de fatigas e aos tres valentes de 4ª de ESO que cumpriron a súa palabra e repetiron a experiencia do ano pasado. Espero que malia os rápidos do río, os disparos a traizón e o meu escaso entusiasmo de hoxe pasarades un bó día. Deixovos o enlace ás fotos. Bicos e bo verán.

https://photos.app.goo.gl/kHF5FWtDi5B2hjTE8

lunes, 23 de junio de 2025

FIN DE CURSO 24-25

Rematamos o curso!! Recoñezo que esta semana fíxoseme especialmente longa. Ás veces resultades moi pesados co tema dos balóns e de baixar ao patio. A razón de non deixar balóns os derradeiros días foi que había 12 balóns de fútbol no almacén e o mércores quedaban 5. E NON HAI MÁIS QUE DICIR!!!.
O responsable do material deportivo é o xefe de do departamento de EF, que malia que vos pese, son eu; e por tanto decido cando se pode deixar material e cando non. A norma do departamento é NON DEIXAR MATERIAL NUNCA. Por iso deixamos material nos bauis para os períodos de lecer.
A RESPONSABILIDADE de que non quede material no baúl É VOSA. Estou un pouco farto de que non asumades as vosas responsabilidades. Os profes non utilizamos o material, se o perdedes, o "embarcades" como dicides vós ou o tirades para a finca de ao lado ou para o tellado É CULPA VOSA.
Sempre podedes traer os vosos balóns e perdelos. Como xefe do departamento de EF non estou disposto a tolerar un mal uso do material do centro. APRENDEDE ou ASUMIDE AS CONSECUENCIAS. É así de fácil.
O mesmo podería dicir do material de xogo das clases: os taboleiros de xadrez e de parchís. Non hai un xogo completo de fichas en ningunha clase, é vergonzoso ver como tratades un material que é de todos.
En fin, despois de desfogarme un pouco, tamén quería desexarvos unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas e que voltedes o vindeiro curso con ánimos renovados e con ganas de aprender un pouco. Se tedes algo de tempo libre facede unha reflexión sobre como foi o voso curso, se merecedes as notas que levades e canta marxe de mellora tedes.
Unha aperta a todos. Bo verán.
 

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

 Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 23 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 1º      48 alumnos        24 aprobados       00 suspensos          100% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        25 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     49 alumnos        49 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     19 alumnos         19 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         18 aprobados        01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 3º    38 alumnos         37 aprobados        01 suspensos         97% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         23  aprobados       01 suspensos        96% aprobados

4º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos        96% aprobados

TOTAL 4º:   48 alumnos         46  aprobados       02 suspensos        96% aprobados


TOTAL        183  alumnos       180 aprobados      03 suspensos        98% aprobados

miércoles, 18 de junio de 2025

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 15-25

Un día espertamos e atopámonos con que é o derradeiro día no  centro no que levamos dez anos. Lembramos todos os  bos momentos vividos, as frustracións que sentimos, retrincos da nosa vida que quedarán para sempre nos nosos corazóns.

Pero o futuro é noso, esta etapa que finalizamos non é máis que unha pequena parte do que nos resta por vivir, e debemos afrontala con decisión e valentía, con toda a esperanza posta nos nosos soños. Loitar polo que desexamos debe ser agora a nosa prioridade.

Coma un vello carcamal que queda anclado no Cruz do Sar deséxovos toda a sorte do mundo neste camiño que emprendedes, tratade de crer en vós mesmos e nas vosas posibilidades, desfrutade da vida todo o que poidades tendo en conta que a sorte sen traballo non permite alcanzar os obxectivos que pretendemos.

Dous consellos: o primeiro é que tratedes de ser boas persoas e poñervos no pelexo dos demais para saber como se poden sentir; o segundo é que fuxades da avaricia, para mín a orixe da maioría dos problemas da especie humana. Ás veces me teredes escoitado dicir que o mundo se acaba, espero que vos dé tempo a disfrutar das vosas vidas.

Nada máis, aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel persoal ou profesional, xa sabedes que o Cruz do Sar sempre será a vosa casa. E como lle digo a todos os que marchan:

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

martes, 17 de junio de 2025

FOTOS ACAMPADA

Déixovos o enlace coas fotos que sacamos na acampada. Se alguén quere que quite algunha delas do álbum que mo comunique sen problema. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou no icono da foto na columna da esquerda do blogue.

https://photos.app.goo.gl/HEqULeoBVR54wi7q8