sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL

Con toda a parafernalia da semana da neve hai moitos cursos dos que non me despedin nin desexei felices festas. Espero que pasedes un bo Nadal, que desfrutedes das vacacións e que teñades un próspero 2023. Lembrade que voltamos ás aulas o día 09 de xaneiro. Volvede coas pilas recargadas para o que queda de curso. Unha aperta a tod@s.

viernes, 23 de diciembre de 2022

MEMORIA SEMANA NEVE 22-23


O venres 23 de decembro sobre ás 07:00 chegamos a Bergondo dende Jaca o profesorado e alumnado que este ano estivemos en Formigal disfrutando e  sufrindo o esquí. Un total de 85 persoas que vivimos durante toda a semana unha experiencia intensa. Felicítannos a miúdo polo voso comportamento, aínda que xa sabedes que a miña vara de medir é un pouco diferente. En xeral o comportamento foi moi bo, e dentro do díficil que é empezar neste mundo a vosa axuda e colaboración foi excelente. Houbo moitos de vós que nos sorprendestes favorablemente polo voso esforzo e ganas de aprender.

Este ano tivemos unhas boas condicións meterorolóxicas malia que houbo un día que choveu. Espero que a maioría de vós disfrutara da experiencia e repita algún día. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 

Tivemos algunha visita á clínica pero agardamos que se recuperen axiña os poucos lesionados que houbo. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo: Marta, Lolo, Brais G, Brais A e por suposto a Xosé Antonio. Sen todos eles esta actividade non sería posible.

sábado, 17 de diciembre de 2022

SAÍDA SEMANA NEVE 22-23



Quedan xa poucas horas para a saída á neve deste curso. Un total de 85 alumnos partirán hacia Jaca para disfrutar do esquí na estación de Formigal. Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 7:00 da mañá. Descansade.

domingo, 13 de noviembre de 2022

DÍA DO PEÓN 2022

O venres día 11 de novembro celebrouse o DÍA DO PEÓN. Por este motivo durante esta semana trataremos de adicar unha clase de EF de Secundaria a tratar de aprender a "bailar o peón".

Déixovos o manifesto que preparou para o día do peón BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.

MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN 2022

REUNIÓN SEMANA NEVE 22-23

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 85 alumnos de 6º de EP, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas. A viaxe será, se a neve o permite, do día 18 ao 23 de decembro (esquiando os días 19, 20, 21 e 22) na estación  de Formigal (Jaca, provincia de Huesca). O prezo por persona estará entre os 415 - 435 euros. No caso de querer facer snow na estación de Formigal non cobran suplemento. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

 Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que ingresar os 100 euros na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@  e poderían recoller outro ata un máximo de catro.

 

MATERIAL: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

 

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o MARTES 15 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir. 

martes, 1 de noviembre de 2022

DATAS EXAME TEÓRICO ESO

As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

 1º ESO A: 16 de novembro
1º ESO B: 07 de novembro
2º ESO A: 17 de novembro
2º ESO B: 14 de novembro
3º ESO A: 16 de novembro
3º ESO B: 08 de novembro
4º ESO A: 14 de novembro
4º ESO B: 15 de novembro

domingo, 23 de octubre de 2022

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. Neste curso houbo bastantes entradas incluso nos primeiros lugares.

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

NORMAS MATERIAL LECER ESO

 1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl pechado na entrada do edificio da ESO.

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS. O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado para que abra.

 

3. O BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que quede aberto e collan material alumnos de EP, comedor ou extraescolares.

 

4. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar o baúl a tempo para ir a clase. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.

 

5. O alumnado de ESO encargado de abrir e pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl debe quedar pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se compromete a acatar as directrices destes encargados. Os encargados este trimestre son:

 

1º ESO – Carlos García Casal

2º ESO – Yerai Álvarez Pombo

3º ESO – Tomás Menéndez Prado

4º ESO – David Pan Castiñeira

 

6. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).

 

8. Todos debedes colaborar no coidado do material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e facer un bo uso do mesmo.

 

9. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.

 

10. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

miércoles, 19 de octubre de 2022

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 22-23

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP, 2º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o luns 31 de outubro. 

O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 31 de outubro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.

 

A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (18-23) e tería lugar na estación de Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente sobre os 435 €.

 

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

martes, 11 de octubre de 2022

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

 SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: venres, 28 de Outubro
PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Andrés, Nico e Miguel.
2. Xabi e Aarón.
3. Daniela, Alejandra e Zóe.
4. Leire, Sara e Elba.
5. Jacobo, Óscar e Andrea.
6. Marta, Ana e Candela.

GRUPOS 4º ESO B
1. Benji, Mateo e David.
2. Agustín, Álex e Jacobo
3. Antía, Sara M e Anxo.
4. Alba, Laura M e Sara O.
5. Pablo e Elmo
6. Victoria, Laura V e Lydia.

domingo, 25 de septiembre de 2022

QUECEMENTO 1º ESO

Durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:

1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.

Os grupos  e as datas aproximadas son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Mariña, Alicia e Daniela. (luns 03 de outubro)
GRUPO 2. Bruno, Ismael e Hugo. (mércores 05 de outubro)
GRUPO 3. Réka, Óscar e Luján. (xoves 06 de outubro)
GRUPO 4. Vega, Gabriel e Mario. (luns, 10 de outubro)
GRUPO 5. Antón, Sara e Alba. (mércores 11 de outubro)
GRUPO 6. Samuel, Lucía e César. (xoves 12 de outubro)
1º ESO B
GRUPO 1. David, Nerea e Carlos C. (luns 03 de outubro)
GRUPO 2. Daniela, Alma e Carlos G. (xoves 06 de outubro)
GRUPO 3. Thomas, Mencía e Santiago. (venres 07 de outubro)
GRUPO 4. Alba, Martín e Adrián. (luns 10 de outubro)
GRUPO 5. Naiara, Antía, Rosaura e Andrea. (xoves 13 de outubro)
GRUPO 6. Marta S., Noa e Marta V. (venres 14 de outubro)

miércoles, 7 de septiembre de 2022

INICIO CURSO 22-23


O día 8 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar, un curso marcado polo de agora pola eliminación das medidas COVID, agás no transporte; e pola reducción drástica dende educación de profesorado tanto no noso centro coma no resto.

Estreamos tamén unha nova lei educativa, a LOMLOE, tanto en 1º coma en 3º de ESO sen estar aprobados e publicados os novos currículos.

Trataremos de facelo o mellor posible. Benvid@s de novo ao voso centro.

sábado, 2 de julio de 2022

FOTOS ACAMPADA 21-22


Agradecevos a tod@s a vosa compaña estos dous días e tamén o voso bon comportamento. Lamentar que non poideramos utilizar a piscina e tamén un pouco o tema da comida. O cámping cambiou de donos este ano e eu tratara con eles máis ou menos as comidas pero bueno, non se axustaron demasiado ao que tiñamos acordado. En parte a culpa foi miña por non concretar todo.

Espero que o pasarades ben a pesar das queixas durante a ruta de sendeirismo, como pequeno consello para que teñades en conta (sabendo que non me ides facer caso) está o tema do móbil. Sodes totalmente dependentes deles e tedes que aprender a limitar o seu uso, tampouco é culpa totalmente vosa, esta sociedade está feita así pero como falababa un destes días con Emma tedes que aprender a ser críticos, é dicir, analizar as cousas e formar unha opinión sobre elas. 

Bueno, xa calo, quédavos o enlace coas fotos que saquei e que me enviastes (seleccionadas), tamén podedes acceder clicando na foto da actividade no menú da esquerda da páxina. Agradecer públicamente a Fernando a súa colaboración, axuda e compromiso porque sen él non podería ter feita esta actividade. Unha aperta a tod@s. Vémonos en setembro ou antes.




jueves, 23 de junio de 2022

DESPEDIDA 4º ESO


Ao final con este final de curso descafeinado e caótico non tiven ocasión de sacar foto cos de 4º ESO A, por eso vai esta foto da graduación na que non estou eu pero estades a maioría. Nin foto, nin enquisa de final de curso, nin palabras de despedida, nin rafting...

A verdade é que todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Sempre hai en vós unha unha mistura de nostalxia e esperanza: nostalxia por deixar un centro que case foi a vosa casa e esperanza pensando no que o futuro vos terá reservado. O único consello que vos podo dar é que creades en vós mesmos, que loitedes  polo que queredes, que intentedes non facer dano aos demais e que sen traballo ninguén vos vai regalar nada.

Dende este blogue so quería desexarvos toda a sorte do mundo nesa etapa alonxados de nós que ides comezar, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. Un bico a todos!!!!

miércoles, 22 de junio de 2022

FIN DE CURSO. POR FIN!!!

Este curso foi un ano raro. Non sei se podería con outra semana máis. O curso no que por fin a pandemia nos deixou empezar a facer algunha actividade e o primeiro curso sen exames de setembro aínda que perdamos case todo o mes de xuño. En fin, desexarvos a tod@s unhas felices vacacións, que descansedes todo o que poidades, que gastedes uns minutos en analizar cómo foi o voso curso e ver en que podedes mellorar. Eu prometo facer o mesmo. Un saúdo a todos. Bó verán.

CANCELACIÓN RAFTING



Debido a moitas baixas de última hora temos que proceder á cancelación da actividade de rafting que tiñamos prevista para o luns 27 de xuño. Unha mágoa porque era unha actividade moi interesante para vós. Quédame aínda xente por devolverlle o importe da actividade, os que faltades buscádeme hoxe polo centro. Un abrazo a tod@s. 

domingo, 19 de junio de 2022

APRAZAMENTO ACAMPADA

A acampada prevista para os días 19 e 20 de xuño queda aprazada para os días 30 de xuño e 01 de xullo (xoves e venres)  debido ás adversas condicións metereolóxicas. Lamento moito o cambio porque hai alumnado que non pode ir nas novas datas pero non quedou outra opción. Outra vez será...

martes, 14 de junio de 2022

FOTOS SAÍDA TERRAS DO MANDEO 2º ESO


Déixovos no enlace de abaixo as fotos sacadas na saída "Ría de Betanzos. Terras do Mandeo" organizada polo departamento de Bioloxía. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/haV3rPidF9aKeRpX7

jueves, 9 de junio de 2022

PROXECTO RÍOS. SAÍDA AO RÍO CALLOU 21-22

O xoves 09 de xuño colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. 

O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. 

Agradecer a Cristina a oportunidade de poder acompañarnos nesta actividade. Pinchando no enlace teredes acceso ás fotos que sacamos.


martes, 7 de junio de 2022

AUTORIZACIÓN RAFTING 21-22


O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o luns día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.

A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·        A saída será do concello de Bergondo  ás 8.30 h. do día 27 de Xuño.

·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.

·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.

·       A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·     O prezo é entre 40-42 euros, esto inclúe a actividade de rafting e de paintball.. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 30 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.

·        É obrigatorio saber nadar.

·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o venres 10 de xuño.

domingo, 5 de junio de 2022

PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO

10:00   Saída de Bergondo (Concello)

11:00   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)

12:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades

14:00   Xantar no cámping

15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)

16:00   Piragüismo no Encoro do Eume

19:30   Regreso ao Cámping

21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS

08:00   Levantarse

08:30   Almorzo

09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)

13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus

14:00   Xantar

16:30   Recollida tendas

17:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo

18:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo

PREZO:  40  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o venres 10 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.

 

 MATERIAL RECOMENDADO:

- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)

- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA

- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.

- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...

- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

- OUTROS: Lanterna

FOTOS XOGOS POPULARES 21-22

Con moito retraso subo algunhas das fotos que sacamos na xornada de xogos populares que celebramos o derradeiro día antes de Semana Santa. Podedes velas no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/VnvvmTRwFMAqSsc59

sábado, 2 de abril de 2022

FOTOS SEMANA NEVE 21-22


Xa tedes subidas ao blogue as fotos da actividade da semana da neve. Están as que subimos ao grupo porque agás Alejandra ninguén me enviou máis fotos. Para acceder a elas pinchade no icono da actividade de Semana Neve 21-22 no menú da esquerda da páxina ou no seguinte enlace. Un saúdo a tod@s. 


sábado, 19 de marzo de 2022

MEMORIA SEMANA NEVE 21-22

O venres 18 de marzo sobre ás 02:30 chegamos a Bergondo dende Jaca o profesorado e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e  sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e a vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Tivemos unhas condicións meterorolóxicas cambiantes con chuvia e neve uns días, outro sol e outro cuberto e unha neve diferente tamén cada día; e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 

Tivemos só 1 visita á clínica cun esguince de xeonllo que espero se recupere o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 2%, sendo a lesión de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.

sábado, 12 de marzo de 2022

SAÍDA SEMANA NEVE 21-22


Quedan xa poucas horas para a saída á neve deste curso. Parece que ao final conseguiremos realizar a saída. Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 6:00 da mañá. Descansade.

miércoles, 23 de febrero de 2022

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

 Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entraran as dez mellores marcas de cada proba.

lunes, 21 de febrero de 2022

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO. 2ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 07 de marzo
1º ESO B: 08 de marzo
2º ESO A: 07 de marzo
2º ESO B: 07 de marzo
3º ESO A: 10 de marzo
3º ESO B: 09 de marzo
4º ESO A: 08 de marzo
4º ESO B: 11 de marzo

viernes, 14 de enero de 2022

MARÍA. CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE DE CICLOCROSS

Dende este blogue adicado á materia de EF do CPI Cruz do Sar queriamos felicitar a María Filgueiras de 4º da ESO polo seu recente campionato de España de ciclocross acadado o 8 de xaneiro despois de revalidar o seu título no campionato galego en decembro. Resulta difícil encadenar triunfos deste xeito e porén sentímonos orgullosos dos éxitos de María.

Unha gran aperta e a seguir acadando triunfos.

https://rfec.com/index.php/es/smartweb/seccion/noticia/rfec/ciclocross/46979-Maria-Filgueiras-y-David-Ivars-nuevos-campeones-de-Espana-cadetes-de-Ciclocross

martes, 11 de enero de 2022

TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO

Durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:

1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.
Os grupos  e as datas aproximadas son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Yeray, Leire, Martina, Noelia e Alejandro. (luns 17 de xaneiro)
GRUPO 2. Damián, Ainhoa, Iker, Joshua e Claudia Fdez. (mércores 19 de xaneiro)
GRUPO 3. Sara, Celia, Hugo, Adrián e Aroa. (luns 24 de xaneiro)
GRUPO 4. Manuel, Yisel, Alberto, Lola e Elena. (mércores 26 de xaneiro)
GRUPO 5. Mario, Nerea, Irene, Eva e Evelin. (luns 31 de xaneiro)
1º ESO B
GRUPO 1. Claudia Blanco, Irene, Keri, Chiaffi e Sara. (martes 18 de xaneiro)
GRUPO 2. Miguel, Saray, Álex, Juan e Claudia Geremías. (xoves 20 de xaneiro)
GRUPO 3. Cristian, Kevin, Aroa, Lola e Lorena. (martes 25 de xaneiro)
GRUPO 4. Lucía, Desi, Simón, Olalla, Adri Rivas e Estela. (xoves 27 de xaneiro)
GRUPO 5. Rosaura, Alba, Miguel, Diego e Paloma. (martes 01 de febreiro)

lunes, 10 de enero de 2022

TRABALLO QUECEMENTO 2º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:

1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma

Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo. Tamén tedes subidos os apuntes na aula virtual,
Os grupos son os seguintes:
2º ESO A
GRUPO 1. Brenda, Víctor F., Candela e Miriam. (luns 17 de xaneiro)
GRUPO 2. Saray, Alba, Gabriel e Diego. (xoves 20 de xaneiro)
GRUPO 3. Pedro H, Roque,Alejandro e Manuel. (luns 24 de xaneiro)
GRUPO 4. Pedro M., Tania, Miguel, Javier e Bruno. (xoves 27 de xaneiro)
GRUPO 5. Bertín, Daniel S, Souto, Vaz e Daniel V.. (luns 31 de xaneiro)
2º ESO B
GRUPO 1. Emma, Mario, Yago e Clara.  (luns 17 de xaneiro)
GRUPO 2. Martín, Tomás, Ada e Claudia.  (mércores 19 de xaneiro)
GRUPO 3. Ángel, Manuela, Pablo, Icía e Candela.  (luns 24 de xaneiro)
GRUPO 4. Aldán, Ainhoa, Daniela e Carla.  (mércores 26 de xaneiro)
GRUPO 5. Alonso, Bruno, David e Sara.  (luns 31 de xaneiro)

domingo, 9 de enero de 2022

UNIDADES 2ª AVALIACIÓN ESO

 As unidades que imos  ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 5. Xogos populares e alternativos 1
UD 6. Actividades de raqueta 1: Badminton
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 2. Atletismo 1
UD 5. Floorball
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD12. Condición física e saúde 4
UD 2. Atletismo 2

VOLTA ÁS CLASES

O luns 10 de xaneiro voltamos ás aulas no CPI Cruz do Sar, a situación da pandemia empeorou durante as vacacións, pero agardamos coa colaboración de tod@s manter controlados os contaxios nos centros. A ver se neste 2022 conseguimos acabar con este pesadelo. Un abrazo a tod@s. Vémonos mañá.


CAMBIO DATAS SEMANA NEVE

Como falamos na reunión coas familias en decembro intentamos retrasar un pouco as datas da semana da neve agardando que melloren algo os indicadores da pandemia. As novas datas son do 13 ao 18 de MARZO. Se algún non pode ir nesas datas devolveráselle a fianza.