Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o luns 31 de outubro.
O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 31 de outubro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (18-23) e tería lugar na estación de Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente sobre os 435 €.
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario