domingo, 15 de septiembre de 2024

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do mércores 01 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl  na entrada do edificio da ESO. Este curso o baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREOo material é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e material.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

 

jueves, 12 de septiembre de 2024

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

No curso 2024-25 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:


Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Concepción González García: imparte clase en 1º ESO e 2º ESO.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 3º e 4º de ESO.

martes, 10 de septiembre de 2024

INICIO CURSO 24-25

O 11 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Agardamos que estedes ilusionados e con ganas de voltar ao centro. Malia os diferentes problemas que foron xurdindo con optativas e profesores espero que ao final sexa outro ano importante nas vosas vidas e que teñades algunha aprendizaxe ou vivencia que lembredes no tempo.
Unha aperta a tod@s, a verdade é que xa hai ganas de vervos.
Benvid@s a tod@s.

lunes, 1 de julio de 2024

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

 Resultados da Avaliación Final en ESO realizada o día 24 de xuño:

1º ESO A:      23 alumnos        23  aprobados        00 suspensos        100% aprobados

1º ESO B:      22 alumnos        22 aprobados         00  suspensos       100% aprobados

TOTAL 1º     45 alumnos        45 aprobados         00 suspensos        100% aprobados


2º ESO A:      20 alumnos        19 aprobados         01 suspensos         95% aprobados

2º ESO B:      20 alumnos        20 aprobados         00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 2º     40 alumnos        39  aprobados        01 suspensos          98% aprobados


3º ESO A:     23 alumnos         23 aprobados          00  suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     23 alumnos         23 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 3º     46 alumnos         46 aprobados          00 suspensos       100% aprobados


4º ESO A:     18 alumnos         18  aprobados         00  suspensos       100%aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   34 alumnos         34  aprobados         00   suspensos      100% aprobados


TOTAL   165  alumnos   164 aprobados   01 suspensos   99% aprobados

jueves, 27 de junio de 2024

FOTOS E MEMORIA RAFTING 23-24

O día de onte, 27 de xuño, estivemos a desfrutar dunha actividade de rafting no río Ulla, no tramo da Ponte da Sinde a Herbón. Malia a previsión do tempo ao final tivemos algo de sol e sobre todo calor para poder aproveitar ao máximo a zona de comida na área recreativa A Barosa, un sitio espectacular pola súa beleza. Pola tarde adicámonos un rato a aliviar tensións no campo de paintball Campodolobo. Tivemos de todo: caídas das balsas, abordaxes piratas, loita contra ramas das árbores, saltos desde a ponte, baño nas pozas do río Barosa, picaduras de orugas radioactivas e sobre todo moitos moratóns no paintball. 

Esperamos que vos gustasen as actividades e que fose un día divertido para tod@s. Descansade e recuperádevos das vosas feridas. Grazas aos 21 polo voso comportamento, por participar e vivir con nós esta aventura. E como non agradecer , de novo, a Fernando a súa colaboración e axuda.

Malia que xa as envíamos ao grupo de whatsapp queda, coma sempre, o enlace ás fotos da actividade e tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade do menu da esquerda. Vémonos noutro río. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/6CmWuUN5uPaF2zrr8



sábado, 22 de junio de 2024

FOTOS ACAMPADA 23-24

E no seguinte enlace unha escolleita das fotos que mandei ao grupo. Coma sempe as fotos pinchando no enlace ou na foto da actividade no menú da esquerda. Saúdos.

https://photos.app.goo.gl/BHh8zNr3eowhDsCD8

MEMORIA ACAMPADA 23-24


O venres 21 e o sábado 22 de xuño vinteseis valentes de 2º de ESO, ansiosos de aventuras, acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). O venres pola mañá despedimos o curso montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de darse un chapuzón na piscina antes de xantar.

Pola tarde o sol acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañáronnos Abel e Kevin, aínda que tamén andaban por alí os incombustibles Juan e Rocío do Clube Fragas do Eume Kaiak, e como non un dos dous mastíns que sempre acompañan aos intrépidos palistas. Coma sempre moito esforzo para seguir o río ata o seu estreitamento e moita fame á cea. E despois, a durmir.... o que se poido.

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo o GR-55 Ruta do Medievo ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, ping-pong, xogos, máis piscina e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina.

Comportamento impecable pola vosa parte, salvo unha ou dúas incidencias nocturnas. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Ademais estamos contentos porque nesta acampada Fernando e máis eu recibimos unha chea de visitas e apoios: o venres Diego veu á ruta de kaiak coas súas fillas Vega e Iria; á cea acercouse Forín a saudarnos; e o sábado pola mañá presentouse Cris facer a ruta de sendeirismo con nós. Grazas a tod@s: alumnado e profeorado, sobre todo a Fernando, compañeiro xa en mil batallas. Vémonos na seguinte. 

FIN DE CURSO 23-24

O venres 21 de xuño rematamos este curso no CPI Cruz do Sar. Un ano no que tiven que compartir a impartición da materia de Educación Física coa da Xefatura de estudos de Secundaria. Kike foi o profesor que tivo que cubrir as horas que eu non podía asumir. Agradecer a Kike o seu esforzo e compromiso á hora de impartir estas clases de EF.

Polo demais foi un curso tranquilo no que non houbo grandes problemas de convivencia. O luns teremos a avaliación e tendremos o resultado do traballo realizado este ano por cada  un de vós. Quería agradecervos a todo o alumnado de ESO o voso comportamento e desexarvos un bo verán. Espero que volvades con moitas ganas e enerxía para o vindeiro curso. Unha aperta. Vémonos pronto.

miércoles, 19 de junio de 2024

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 14-24


Bueno, pois aquí estades, no voso derradeiro curso no CPI Cruz do Sar. Por un lado estaredes contentos de perdernos de vista e por outro teredes esa pequena intranquilidade que sempre causan os cambios. Sei que o faredes ben, ahí estaredes facendo equilibrios entre ir aprobando e ir disfrutando da vida, como ata agora.

Estes días, dende a vosa graduación e mesmo antes, moitos profes e supoño que as vosas familias non paramos de darvos consellos. Agora comeza unha nova etapa na que o único que vos vou pedir é que loitedes polo que queredes.

Xa nos coñecemos dende hai anos (sodes o primeiro curso que foi á neve en 6º),  espero que saibades que malia as broncas e os berros (e as receitas) é inevitable collervos cariño; como di Silvia, o contacto con vós é o que nos mantén vivos e xóvenes. Ás veces aprendemos máis de vós do que vos  ensinamos. Aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel personal ou profesional.

Ah, Emma, esquecíame: 

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.



lunes, 10 de junio de 2024

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO
09:45   Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  45  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 19 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

miércoles, 5 de junio de 2024

AUTORIZACIÓN RAFTING

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o xoves día 27 de Xuño co alumnado de 3º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   A saída será do concello de Bergondo  ás 09:00 h. do día 27 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·    O prezo é de 48 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (24 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·    MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·    A data límite para entregar as autorizacións é o venres 07 de xuño e para pagar o mércores 19 de xuño.


lunes, 3 de junio de 2024

AUTORIZACIÓN ACAMPADA

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar de Bergondo está a organizar unha acampada de dous días dirixida ao alumnado de 2º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).

A actividade realizaríase os días 21 e 22 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría  sobre os 45 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado de 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o venres  07 de xuño.

O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, O transporte en bus ao cámping e ás actividades estaría en principio subvencionado polo Concello.

domingo, 2 de junio de 2024

20.000 VISITAS

Durante este mes de xuño chegamos ás 20.000 visitas. O departamento de Educación Física leva publicando este blogue dende setembro do ano 2019, o ano en que cheguei ao CPI Cruz do Sar. Xa van case cinco anos e vinte mil visitas parecen poucas se non se ten  en conta o reducido do número de alumnos que ides pasando por aquí. Malia que sei que moitos non sodes asiduos ao blogue quería agradecervos as vosas visitas e o voso interese. Non sempre é fácil ir publicando de xeito continuo pero é unha maneira de ir lembrándovos a todos os que pasades por aquí. 

                                                             VINTE MIL GRAZAS 

jueves, 23 de mayo de 2024

FOTOS SURF 23-24

 

Xa podedes ver as fotos da actividade de surf deste curso no seguinte enlace ou pinchando na foto da actividade no menú da esquerda:

https://photos.app.goo.gl/jucEn1qLp4v7mxVz7

miércoles, 22 de mayo de 2024

SURF - SKATE 23-24

O mércores 22 de maio realizamos a actividade de surf cos grupos de 1° de ESO. Este ano combinamos a actividade de surf coa de skate pasando en Bastiagueiro toda a mañá. A primeira parte do día estivo pasada por agua pero a partir das 12 empezou  a abrir.

Grazas a tod@s os que participastes, espero que disfrutarades da experiencia e que algún día poidades repetir. O surf é un deporte que require tempo e unhas condición axeitadas para aprender. 

En breve subiremos as fotos ao blogue para que poidades rirvos un pouco.

martes, 21 de mayo de 2024

EXAMES TEÓRICOS 3ª AVALIACIÓN

As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:


2º ESO B: 27 de maio
3º ESO A: 22 de maio
3º ESO B: 22 de maio
4º ESO A: 27 de maio
4º ESO B: 27 de maio

viernes, 10 de mayo de 2024

ACTIVIDADE SURF E SKATE 23-24

Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos um total de 31 alumn@s de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto teremos que desdobrar en dous grupos e realizaremos as actividades de SURF e de SKATE.

O prezo total da actividade será de 25 € (Skate – 10€ / Surf 15€. Cada actividade durará aproximadamente 2 horas. Poden entregarme o importe durante a semana do 06 ao 10 de maio.

 O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toallas, chanclas, protector solar e roupa cómoda e calzado pechado para o skate. Se alguén ten as súas proteccións ou o seu propio skate pode levalos, se quere, para a actividade. Que leven tamén auga e a súa merenda.

Esta actividade realizarase o mércores  día 15 de maio co seguinte horario:

09:30                             Saída do centro CPI Cruz do Sar

10:00 a 12:00       Grupo 1 – SURF   //       Grupo 2 – SKATE

12:00 a 14:00       Grupo 1 – SKATE //       Grupo 2 – SURF

14:15                             Regreso ao centro CPI Cruz do Sar

14:45                             Chegada ao centro

miércoles, 1 de mayo de 2024

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 23-24


Déixovos no seguinte enlace algunhas das fotos que tiñamos Fernando e máis eu. Mandádeme ao grupo as fotos que queirades que suba. Unha aperta.

 

CAMIÑO SANTIAGO 23-24

O luns 29 e o martes 30 de abril 27 alumnos de 4º de ESO continuaron a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as seguintes dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Especialmente esta última etapa, de case 25 Km, causou bastantes estragos nas nosas tropas pouco afeitas a camiñar. Malia todos os problemas, dores musculares e ampoias nos pés, e desafiando tamén á choiva do último día e aos demais elementos unidos contra eles conseguiron o reto de chegar sans e salvos de volta a Bergondo.
Espero que, de todos xeitos e a pesar de todo, a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.
Grazas pola vosa participación, o voso comportamento e sobre todo polo voso esforzo. Agradecer sobre todo a Fernando a súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!


domingo, 28 de abril de 2024

AUTORIZACIÓN SURF 23-24

Esta semana repartImos as autorizacións para a actividade de Iniciación ao surf, dirixida ao alumnado de 1º de ESO,  tendo como prazo de entrega ata o venres 26 de de abril. 

A actividade levarase a cabo o mércores 15 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade, probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar. É preciso saber nadar.

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO 23-24


O luns 29 de abril ás 09:30 o alumnado de 4º ESO sairá dende o centro para realizar dúas etapas do Camiño Francés: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Voltaremos o martes pola tarde. A descansar e revisade a autorización para non esquecer nada. O martes dan bastante auga. Vémonos mañá.

lunes, 1 de abril de 2024

AUTORIZACIÓN CAMIÑO SANTIAGO 23-24

ACTIVIDADE: Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés)  Sarria – Portomarín - Palas durante os días 29 e 30 de Abril. 

OBXECTIVOS:

Ø  Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.

Ø  Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.

Ø  Desenrolar a capacidade de convivencia.

Ø  Coñecer a variedade multicultural dos distintos pobos e os diferentes medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 43 km. Repartidos en 2 etapas: Sarria - Portomarín (21 Km) e Portomarín - Palas (22 Km), O bus nos levará ata Sarria o luns e o martes nos trasladará de novo a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependendo dos prezos.

 ALBERGUES: Albergue Ferramenteiro. Rúa Chantada Nº 3.

 

1º día:    SARRIA - PORTOMARÍN (21 Km)
09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
11:00     Chegada a Sarria

11:15     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

18:00     Portomarín (chegada albergue)

 

2º día     PORTOMARÍN - PALAS (22 Km) 

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Portomarín

14:00     Chegada  a Palas

15:00     Xantar Palas

18:30     Saída hacia Bergondo

20:00     Chegada aproximada a Bergondo

 

PREZO: Albergue Ferramenteiro  (Portomarín) 13 €. Temos a posibilidade de ter o almorzo do martes alí (serían 3 euros)       13  EUROS

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

 

O prezo SÓ inclúe a estancia no albergue en Portomarín, o primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día, o almorzo e o xantar do venres.

O xantar do venres xa sería en Palas.

 

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 5 DE ABRIL, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.

 

 CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

 

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Portomarín ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Palas para xantar.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social.....