sábado, 22 de junio de 2024

MEMORIA ACAMPADA 23-24


O venres 21 e o sábado 22 de xuño vinteseis valentes de 2º de ESO, ansiosos de aventuras, acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). O venres pola mañá despedimos o curso montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de darse un chapuzón na piscina antes de xantar.

Pola tarde o sol acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañáronnos Abel e Kevin, aínda que tamén andaban por alí os incombustibles Juan e Rocío do Clube Fragas do Eume Kaiak, e como non un dos dous mastíns que sempre acompañan aos intrépidos palistas. Coma sempre moito esforzo para seguir o río ata o seu estreitamento e moita fame á cea. E despois, a durmir.... o que se poido.

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo o GR-55 Ruta do Medievo ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, ping-pong, xogos, máis piscina e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina.

Comportamento impecable pola vosa parte, salvo unha ou dúas incidencias nocturnas. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Ademais estamos contentos porque nesta acampada Fernando e máis eu recibimos unha chea de visitas e apoios: o venres Diego veu á ruta de kaiak coas súas fillas Vega e Iria; á cea acercouse Forín a saudarnos; e o sábado pola mañá presentouse Cris facer a ruta de sendeirismo con nós. Grazas a tod@s: alumnado e profeorado, sobre todo a Fernando, compañeiro xa en mil batallas. Vémonos na seguinte. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario