O día de onte, 27 de xuño, estivemos a desfrutar dunha actividade de rafting no río Ulla, no tramo da Ponte da Sinde a Herbón. Malia a previsión do tempo ao final tivemos algo de sol e sobre todo calor para poder aproveitar ao máximo a zona de comida na área recreativa A Barosa, un sitio espectacular pola súa beleza. Pola tarde adicámonos un rato a aliviar tensións no campo de paintball Campodolobo. Tivemos de todo: caídas das balsas, abordaxes piratas, loita contra ramas das árbores, saltos desde a ponte, baño nas pozas do río Barosa, picaduras de orugas radioactivas e sobre todo moitos moratóns no paintball.
Esperamos que vos gustasen as actividades e que fose un día divertido para tod@s. Descansade e recuperádevos das vosas feridas. Grazas aos 21 polo voso comportamento, por participar e vivir con nós esta aventura. E como non agradecer , de novo, a Fernando a súa colaboración e axuda.
Malia que xa as envíamos ao grupo de whatsapp queda, coma sempre, o enlace ás fotos da actividade e tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade do menu da esquerda. Vémonos noutro río. Unha aperta a tod@s.
https://photos.app.goo.gl/6CmWuUN5uPaF2zrr8
No hay comentarios:
Publicar un comentario