A actividade levarase a cabo o mércores 15 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade, probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.
A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.
Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas: bañador, toalla, chanclas e protector solar. É preciso saber nadar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario