GRUPO 1. Mariña, Alicia e Daniela. (luns 03 de outubro)
1º ESO B
Estreamos tamén unha nova lei educativa, a LOMLOE, tanto en 1º coma en 3º de ESO sen estar aprobados e publicados os novos currículos.
Trataremos de facelo o mellor posible. Benvid@s de novo ao voso centro.
Espero que o pasarades ben a pesar das queixas durante a ruta de sendeirismo, como pequeno consello para que teñades en conta (sabendo que non me ides facer caso) está o tema do móbil. Sodes totalmente dependentes deles e tedes que aprender a limitar o seu uso, tampouco é culpa totalmente vosa, esta sociedade está feita así pero como falababa un destes días con Emma tedes que aprender a ser críticos, é dicir, analizar as cousas e formar unha opinión sobre elas.
A verdade é que todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Sempre hai en vós unha unha mistura de nostalxia e esperanza: nostalxia por deixar un centro que case foi a vosa casa e esperanza pensando no que o futuro vos terá reservado. O único consello que vos podo dar é que creades en vós mesmos, que loitedes polo que queredes, que intentedes non facer dano aos demais e que sen traballo ninguén vos vai regalar nada.
Dende este blogue so quería desexarvos toda a sorte do mundo nesa etapa alonxados de nós que ides comezar, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. Un bico a todos!!!!
A acampada prevista para os días 19 e 20 de xuño queda aprazada para os días 30 de xuño e 01 de xullo (xoves e venres) debido ás adversas condicións metereolóxicas. Lamento moito o cambio porque hai alumnado que non pode ir nas novas datas pero non quedou outra opción. Outra vez será...
O xoves 09 de xuño colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais.
O rafting
consiste en baixar en grupos e
dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel
mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A
actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas,
casco e sempre estaremos acompañados de
dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·
O rafting faríase no río Ulla preto de
Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·
A saída será do concello de
Bergondo ás 8.30 h. do día 27 de
Xuño.
·
Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do
río Ulla.
·
A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00
horas dependendo do tempo que leve a actividade.
· A empresa Turnauga proporciona o
material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade
civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o
DNI.
· O prezo é entre 40-42 euros,
esto inclúe a actividade de rafting e de paintball.. Este
prezo é orientativo para un número aproximado de 30 alumnos, en función dos
alumnos que vaian podería modificarse.
·
É obrigatorio saber nadar.
·
MATERIAL:
Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e
traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto.
Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·
Profesores acompañantes:
Juan Luis Allegue.
·
A data límite para entregar as autorizacións é o venres 10 de xuño.