miércoles, 22 de mayo de 2024

SURF - SKATE 23-24

O mércores 22 de maio realizamos a actividade de surf cos grupos de 1° de ESO. Este ano combinamos a actividade de surf coa de skate pasando en Bastiagueiro toda a mañá. A primeira parte do día estivo pasada por agua pero a partir das 12 empezou  a abrir.

Grazas a tod@s os que participastes, espero que disfrutarades da experiencia e que algún día poidades repetir. O surf é un deporte que require tempo e unhas condición axeitadas para aprender. 

En breve subiremos as fotos ao blogue para que poidades rirvos un pouco.

martes, 21 de mayo de 2024

EXAMES TEÓRICOS 3ª AVALIACIÓN

As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:


2º ESO B: 27 de maio
3º ESO A: 22 de maio
3º ESO B: 22 de maio
4º ESO A: 27 de maio
4º ESO B: 27 de maio

viernes, 10 de mayo de 2024

ACTIVIDADE SURF E SKATE 23-24

Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos um total de 31 alumn@s de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto teremos que desdobrar en dous grupos e realizaremos as actividades de SURF e de SKATE.

O prezo total da actividade será de 25 € (Skate – 10€ / Surf 15€. Cada actividade durará aproximadamente 2 horas. Poden entregarme o importe durante a semana do 06 ao 10 de maio.

 O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toallas, chanclas, protector solar e roupa cómoda e calzado pechado para o skate. Se alguén ten as súas proteccións ou o seu propio skate pode levalos, se quere, para a actividade. Que leven tamén auga e a súa merenda.

Esta actividade realizarase o mércores  día 15 de maio co seguinte horario:

09:30                             Saída do centro CPI Cruz do Sar

10:00 a 12:00       Grupo 1 – SURF   //       Grupo 2 – SKATE

12:00 a 14:00       Grupo 1 – SKATE //       Grupo 2 – SURF

14:15                             Regreso ao centro CPI Cruz do Sar

14:45                             Chegada ao centro

miércoles, 1 de mayo de 2024

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 23-24


Déixovos no seguinte enlace algunhas das fotos que tiñamos Fernando e máis eu. Mandádeme ao grupo as fotos que queirades que suba. Unha aperta.

 

CAMIÑO SANTIAGO 23-24

O luns 29 e o martes 30 de abril 27 alumnos de 4º de ESO continuaron a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as seguintes dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Especialmente esta última etapa, de case 25 Km, causou bastantes estragos nas nosas tropas pouco afeitas a camiñar. Malia todos os problemas, dores musculares e ampoias nos pés, e desafiando tamén á choiva do último día e aos demais elementos unidos contra eles conseguiron o reto de chegar sans e salvos de volta a Bergondo.
Espero que, de todos xeitos e a pesar de todo, a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.
Grazas pola vosa participación, o voso comportamento e sobre todo polo voso esforzo. Agradecer sobre todo a Fernando a súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!


domingo, 28 de abril de 2024

AUTORIZACIÓN SURF 23-24

Esta semana repartImos as autorizacións para a actividade de Iniciación ao surf, dirixida ao alumnado de 1º de ESO,  tendo como prazo de entrega ata o venres 26 de de abril. 

A actividade levarase a cabo o mércores 15 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade, probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar. É preciso saber nadar.

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO 23-24


O luns 29 de abril ás 09:30 o alumnado de 4º ESO sairá dende o centro para realizar dúas etapas do Camiño Francés: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Voltaremos o martes pola tarde. A descansar e revisade a autorización para non esquecer nada. O martes dan bastante auga. Vémonos mañá.

lunes, 1 de abril de 2024

AUTORIZACIÓN CAMIÑO SANTIAGO 23-24

ACTIVIDADE: Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés)  Sarria – Portomarín - Palas durante os días 29 e 30 de Abril. 

OBXECTIVOS:

Ø  Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.

Ø  Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.

Ø  Desenrolar a capacidade de convivencia.

Ø  Coñecer a variedade multicultural dos distintos pobos e os diferentes medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 43 km. Repartidos en 2 etapas: Sarria - Portomarín (21 Km) e Portomarín - Palas (22 Km), O bus nos levará ata Sarria o luns e o martes nos trasladará de novo a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependendo dos prezos.

 ALBERGUES: Albergue Ferramenteiro. Rúa Chantada Nº 3.

 

1º día:    SARRIA - PORTOMARÍN (21 Km)
09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
11:00     Chegada a Sarria

11:15     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

18:00     Portomarín (chegada albergue)

 

2º día     PORTOMARÍN - PALAS (22 Km) 

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Portomarín

14:00     Chegada  a Palas

15:00     Xantar Palas

18:30     Saída hacia Bergondo

20:00     Chegada aproximada a Bergondo

 

PREZO: Albergue Ferramenteiro  (Portomarín) 13 €. Temos a posibilidade de ter o almorzo do martes alí (serían 3 euros)       13  EUROS

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

 

O prezo SÓ inclúe a estancia no albergue en Portomarín, o primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día, o almorzo e o xantar do venres.

O xantar do venres xa sería en Palas.

 

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 5 DE ABRIL, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.

 

 CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

 

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Portomarín ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Palas para xantar.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social.....

UNIDADES ESO 3ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 3ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 6.Actividades de raqueta 1
UD 7. Expresión Corporal 1
UD 8. Actividades na Natureza 1
2º ESO
UD 5. Floorball
UD 6. Bailes de salón 1
UD 9. Expresión Corporal 2
UD 10. Actividades na Natureza 2
3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2
UD 7. AN3: Orientación
UD 8. Expresión Corporal 3
4º ESO
UD 4. Rugbi
UD 5. Xogos populares e alternativos 4.
UD 8. AN4: Escalada

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Resultados da 2ª Avaliación en ESO realizada o día 19 de marzo:

1º ESO A:      23 alumnos        22  aprobados        01 suspensos         96% aprobados

1º ESO B:      22 alumnos        19 aprobados         03  suspensos        86% aprobados

TOTAL 1º     45 alumnos        41 aprobados         04 suspensos         91% aprobados


2º ESO A:      22 alumnos        19 aprobados         03 suspensos         86% aprobados

2º ESO B:      21 alumnos        20 aprobados         01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 2º     43 alumnos        39  aprobados        04 suspensos          91% aprobados


3º ESO A:     23 alumnos         23 aprobados          00  suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     23 alumnos         23 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 3º     46 alumnos         46 aprobados          00 suspensos       100% aprobados


4º ESO A:     18 alumnos         18  aprobados         00  suspensos       100%aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   34 alumnos         34  aprobados         00   suspensos      100% aprobados


TOTAL   168  alumnos   160 aprobados   08 suspensos   95% aprobados