martes, 1 de octubre de 2024

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 3. Voleibol
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto

domingo, 15 de septiembre de 2024

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do mércores 01 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl  na entrada do edificio da ESO. Este curso o baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO, o material é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e material.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

 

jueves, 12 de septiembre de 2024

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

No curso 2024-25 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:


Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Concepción González García: imparte clase en 1º ESO e 2º ESO.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 3º e 4º de ESO.

martes, 10 de septiembre de 2024

INICIO CURSO 24-25

O 11 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Agardamos que estedes ilusionados e con ganas de voltar ao centro. Malia os diferentes problemas que foron xurdindo con optativas e profesores espero que ao final sexa outro ano importante nas vosas vidas e que teñades algunha aprendizaxe ou vivencia que lembredes no tempo.
Unha aperta a tod@s, a verdade é que xa hai ganas de vervos.
Benvid@s a tod@s.

lunes, 1 de julio de 2024

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

 Resultados da Avaliación Final en ESO realizada o día 24 de xuño:

1º ESO A:      23 alumnos        23  aprobados        00 suspensos        100% aprobados

1º ESO B:      22 alumnos        22 aprobados         00  suspensos       100% aprobados

TOTAL 1º     45 alumnos        45 aprobados         00 suspensos        100% aprobados


2º ESO A:      20 alumnos        19 aprobados         01 suspensos         95% aprobados

2º ESO B:      20 alumnos        20 aprobados         00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 2º     40 alumnos        39  aprobados        01 suspensos          98% aprobados


3º ESO A:     23 alumnos         23 aprobados          00  suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     23 alumnos         23 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 3º     46 alumnos         46 aprobados          00 suspensos       100% aprobados


4º ESO A:     18 alumnos         18  aprobados         00  suspensos       100%aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   34 alumnos         34  aprobados         00   suspensos      100% aprobados


TOTAL   165  alumnos   164 aprobados   01 suspensos   99% aprobados

jueves, 27 de junio de 2024

FOTOS E MEMORIA RAFTING 23-24

O día de onte, 27 de xuño, estivemos a desfrutar dunha actividade de rafting no río Ulla, no tramo da Ponte da Sinde a Herbón. Malia a previsión do tempo ao final tivemos algo de sol e sobre todo calor para poder aproveitar ao máximo a zona de comida na área recreativa A Barosa, un sitio espectacular pola súa beleza. Pola tarde adicámonos un rato a aliviar tensións no campo de paintball Campodolobo. Tivemos de todo: caídas das balsas, abordaxes piratas, loita contra ramas das árbores, saltos desde a ponte, baño nas pozas do río Barosa, picaduras de orugas radioactivas e sobre todo moitos moratóns no paintball. 

Esperamos que vos gustasen as actividades e que fose un día divertido para tod@s. Descansade e recuperádevos das vosas feridas. Grazas aos 21 polo voso comportamento, por participar e vivir con nós esta aventura. E como non agradecer , de novo, a Fernando a súa colaboración e axuda.

Malia que xa as envíamos ao grupo de whatsapp queda, coma sempre, o enlace ás fotos da actividade e tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade do menu da esquerda. Vémonos noutro río. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/6CmWuUN5uPaF2zrr8



sábado, 22 de junio de 2024

FOTOS ACAMPADA 23-24

E no seguinte enlace unha escolleita das fotos que mandei ao grupo. Coma sempe as fotos pinchando no enlace ou na foto da actividade no menú da esquerda. Saúdos.

https://photos.app.goo.gl/BHh8zNr3eowhDsCD8

MEMORIA ACAMPADA 23-24


O venres 21 e o sábado 22 de xuño vinteseis valentes de 2º de ESO, ansiosos de aventuras, acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). O venres pola mañá despedimos o curso montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de darse un chapuzón na piscina antes de xantar.

Pola tarde o sol acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañáronnos Abel e Kevin, aínda que tamén andaban por alí os incombustibles Juan e Rocío do Clube Fragas do Eume Kaiak, e como non un dos dous mastíns que sempre acompañan aos intrépidos palistas. Coma sempre moito esforzo para seguir o río ata o seu estreitamento e moita fame á cea. E despois, a durmir.... o que se poido.

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo o GR-55 Ruta do Medievo ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, ping-pong, xogos, máis piscina e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina.

Comportamento impecable pola vosa parte, salvo unha ou dúas incidencias nocturnas. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Ademais estamos contentos porque nesta acampada Fernando e máis eu recibimos unha chea de visitas e apoios: o venres Diego veu á ruta de kaiak coas súas fillas Vega e Iria; á cea acercouse Forín a saudarnos; e o sábado pola mañá presentouse Cris facer a ruta de sendeirismo con nós. Grazas a tod@s: alumnado e profeorado, sobre todo a Fernando, compañeiro xa en mil batallas. Vémonos na seguinte. 

FIN DE CURSO 23-24

O venres 21 de xuño rematamos este curso no CPI Cruz do Sar. Un ano no que tiven que compartir a impartición da materia de Educación Física coa da Xefatura de estudos de Secundaria. Kike foi o profesor que tivo que cubrir as horas que eu non podía asumir. Agradecer a Kike o seu esforzo e compromiso á hora de impartir estas clases de EF.

Polo demais foi un curso tranquilo no que non houbo grandes problemas de convivencia. O luns teremos a avaliación e tendremos o resultado do traballo realizado este ano por cada  un de vós. Quería agradecervos a todo o alumnado de ESO o voso comportamento e desexarvos un bo verán. Espero que volvades con moitas ganas e enerxía para o vindeiro curso. Unha aperta. Vémonos pronto.

miércoles, 19 de junio de 2024

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 14-24


Bueno, pois aquí estades, no voso derradeiro curso no CPI Cruz do Sar. Por un lado estaredes contentos de perdernos de vista e por outro teredes esa pequena intranquilidade que sempre causan os cambios. Sei que o faredes ben, ahí estaredes facendo equilibrios entre ir aprobando e ir disfrutando da vida, como ata agora.

Estes días, dende a vosa graduación e mesmo antes, moitos profes e supoño que as vosas familias non paramos de darvos consellos. Agora comeza unha nova etapa na que o único que vos vou pedir é que loitedes polo que queredes.

Xa nos coñecemos dende hai anos (sodes o primeiro curso que foi á neve en 6º),  espero que saibades que malia as broncas e os berros (e as receitas) é inevitable collervos cariño; como di Silvia, o contacto con vós é o que nos mantén vivos e xóvenes. Ás veces aprendemos máis de vós do que vos  ensinamos. Aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel personal ou profesional.

Ah, Emma, esquecíame: 

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.