Envíovos un enlace para realizar algunhas rutinas de adestramento estos días. Sobre todo recomendo os de "Asentando as bases para un adestramento seguro e eficaz"
martes, 7 de abril de 2020
domingo, 5 de abril de 2020
FOTOS SEMANA NEVE 19-20

Xa tedes subidas ao blogue as fotos da actividade da semana da neve, Creo que están todas as que me fostes enviando; faltan as fotos que sacou José Antonio. Cando as teña subireinas con éstas Para acceder a elas pinchade no icono da actividade de Semana Neve 19-20 no menú da esquerda da páxina ou no seguinte enlace. Un saúdo a tod@s. viernes, 3 de abril de 2020
ÁNIMO A TOD@S
Hola a tod@s. Espero que no hayáis tenido problemas para mirar las notas. El servidor de la Xunta se cayó sobre las dos, pero creo que la mayoría ya las habíais visto. Tened en cuenta que las notas de esta evaluación son relativas, sean buenas o malas. Lo importante es que vosotros y vuestras familias os encontréis bien, lo demás es totalmente secundario. Daros mucho ánimo para estas vacaciones y para los días que todavía nos quedan de estar encerrados. Lo estáis haciendo fenomenal. Sólo por eso ya os merecéis tod@s un 10. Desear que volvamos lo antes posible al cole porque eso significaría que lo peor de esta pandemia ya habría pasado. Un abrazo enorme.
lunes, 30 de marzo de 2020
2ª AVALIACIÓN
Ola a tod@s:
Espero que vos atopedes ben, aparte do que supón estar pechados na casa durante tantos días. Comunícovos que finalmente temos que poñer notas para a 2ª avaliación. Moitos de nós non estamos moi dacordo con esta medida pero temos que acatala aínda que pensemos diferente. Na maioría dos casos eu xa tiña os exames teóricos e notas dos exames prácticos. Faltaban os exames teóricos en 1º ESO A e en 3º ESO A.
Nalgún caso había xente sen facer o exame do seu curso: Adrián en 2º ESO B, Sara en 3º ESO B, Andrea en 4º ESO A e todos os da última saída en 4º ESO B. A todos vos puxen unha nota dun 3 no exame teórico que é o mínimo que habería que ter para facer media. É dicir, que cando volvamos (se volvemos) e fagades o exame a vosa nota probablemente subirá ou ao mellor estades suspensos se non chegades a ese tres.
No caso de non ter feito ninguén o exame (1º ESO A e 3º ESO A) os catro puntos do exame teórico repartirémolos entre os exames prácticos e a práctica diaria (4 puntos cada apartado).
Dado que estou obrigado a avaliar intentarei que as notas correspondan o máis fielmente posible ao que fixestes na avaliación, mantendo os apartados de actitude e a nota mínima dun 3 no exame teórico. A única excepción é o curso de 2º ESO A onde hai alumnado que ten un 3 moi xusto no exame teórico pero non lle daría a nota media para o 5. Vouvos poñer un 5 na avaliación pero quero que saibades que si fora unha avaliación normal estariades suspensos, é o caso de Nekane, María, Naroa, Lucas e Fran. Hai que estudiar algo máis.
Non vou subir as medias dos distintos cursos ao blogue porque hai alumnos que non queren e pola lei de protección de datos tampouco podería facelo. O venres chegarán as notas aos correos das vosas familias e poderán consultarse na aplicación Abalar.
De todos xeitos non vos preocupedes nada polas notas. Nestes intres non é o máis importante. O verdadeiramente importante agora é que toda esta situación pase e poidamos volver a estar xuntos.
Moito ánimo a tod@s. Un abrazo
lunes, 23 de marzo de 2020
ESTADO DE ALERTA
Despois da confirmación de que o estado de alerta vaise ampliar 15 días máis, en principio non voltariamos ás clases ata despois de Semana Santa. Sei que esta situación paraece irreal e supoño que estar confinados na casa non é fácil para vos. Darvos ánimos dende aquí e dicir tamén que vos boto de menos (ata aos de 2º ESO A). Todos desexamos volver a encontrarnos o antes posible e para iso é indispensable quedar na casa. Moita sorte e ánimo a tod@s. Lembrade para calqueira consulta o meu correo: jlallegue@hotmail.com.
martes, 17 de marzo de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA A CUARENTENA
Para estos días nos que estamos obrigados a permanecer na casa recoméndovos que tratedes de manter un horario cunhas actividades a uns horarios determinados: traballo do cole, lectura, xogos de mesa e actividade física. Tede en conta que é posible que pasemos máis de 15 días nesta situación.
Os cursos de 1º de ESO A e 3º de ESO A quédavos por facer o exame teórico, tratade de ir mirando algo para non atoparse con todo cando volvamos a clase; tamén aqueles alumnos de 4º B que non fixestes o exame pola saída.
O resto dos cursos tratade de facer algunas rutinas de exercicios físicos (flexións, abdominais, sentadillas, fondos adiante, saltos coa comba, burpees, skipping, multisaltos.....) e combinade con exercicios de flexibilidade e algún exercicio de respiración e relaxación. Facede algo todos os días. Tratarei de ir subindo algunha rutina concreta ou algún enlace. E coidádevos moito.
Para calqueira dúbida ou consulta: jlallegue@hotmail.com.
Para calqueira dúbida ou consulta: jlallegue@hotmail.com.
sábado, 14 de marzo de 2020
COVID-19. SUSPENSIÓN DE CLASES
Hola a tod@s. A partir del lunes 16 de marzo y hasta el lunes 30 de marzo estaremos sin clase por motivo del virus SARS- CoV-2 que causa la enfermedad denominada COVID-19. Ante todo pediros a todo responsabilidad, como os pedí en clase, por dos motivos: el primero no colapasar el sistema sanitario y el segundo y más importante proteger a los grupos de riesgo (mayores y embarazadas). Sé que os parece enormemente difícil permanecer en casa dos semanas sin ver a vuestr@s amig@s. Lo es, pero estamos ante una situación nunca vista en nuestra época reciente y tenemos los ejemplos de China, Italia e incluso Madrid; donde no se tomaron en serio la enfermedad hasta que fue demasiado tarde. No hagamos lo mismo que ellos, seamos responsables y solidarios. Un saludo a tod@s. Cuidaros mucho.
¡QUEDÉMONOS EN CASA!
domingo, 8 de marzo de 2020
MEMORIA SEMANA NEVE 19-20
O venres 06 de marzo sobre ás 03:30 chegamos a Bergondo dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sobre todo sufrindo o esquí. En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. Para ser a primeira vez que moitos de vós pisabades a neve a vosa resposta superou as expectativas. Sufrimos unhas condicións meterorolóxicas moi adversas e a pesar de todo moitos de vós disfrutastes a experiencia. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible.
Tivemos un total de 6 visitas á clínica sen moita gravidade: dúas escordaduras de nocello, e catro contusións; espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións foi dun 11%, sendo todas as lesións de esquí. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo.
sábado, 29 de febrero de 2020
SAÍDA ASTÚN 19-20
Ola a tod@s. Despois de varios meses agardando por fin está todo preparado. Maña ás 06:00 saímos cara ao pirineo aragonés. Astún agarda por nós. O bo tempo parece que non nos vai acompañar. Espero que o voso comportamento sexa o mellor posible. Xa sabedes que de vós depende que se siga a facer está saída. Boa viaxe a tod@s e boa sorte nas pistas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


