sábado, 26 de septiembre de 2020

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

 

 Achégovos as normas Covid do centro para os que todavía non as coñezan.

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

OBXECTIVO: GARANTIR O DISTANCIAMENTO E UN ESCASO INTERCAMBIO DE ESPAZOS.  

 síntomas COVID

 - febre +37,5 / tose seca 7 dificultade respiratoria / dor muscular / cansazo / dor de gorxa / perda gusto ou olfacto / diarrea

AULA

 ●     O profesorado encargarase da apertura de ventás e persianas.

●     Tanto na primeira sesión como despois de cada recreo, o profesorado de aula debe controlar a hixienización de mans.

●     Cando se utilice material compartido (bolígrafos, papel, …) realizarase un previo aseo de mans.

●     O non respecto ás normas de prudencia sanitaria, suporá unha falta leve.

●     MÁSCARA, obrigatoria dende os 6 anos. Agás prescrición facultativa.

●     Ventilación: ao inicio e final da mañá (15 min)  e recreos.

●     Para evitar a volatilidade do material debido a ventilación necesaria nos recreos deben de quedar as mesas recollidas.

●     Nos recreos as aulas quedarán abertas para ventilación.

●     O material da biblioteca de aula (dicionarios, p.ex.), no caso de ser usado, debe pasar catro horas de corentena nunha caixa específica. Na entrada do día seguinte reincorporaráse a súa localización habitual.

ENTRADA/SAÍDA

●     O profesorado de garda irá guiando a entrada do alumnado por orde de chegada de bus. Á vez tamén accederá o de madrugadores e transporte individual.

●     O acceso ás aulas realizarase pola primeira escaleira. A baixada, pola do fondo do vestíbulo.

●     Unha marca no vestíbulo delimita a zona de paso do alumnado fronte a de estancia para xestións administrativas.

●     As portas de entrada edificios A e C teñen unha delimitación para coincidencias de entrada/saída. Circulación polo lado dereito.

●     Á saída, o profesorado de aula da última sesión acompañará ao alumnado de xeito  organizado cara o comedor e buses.

RECREOS

●     O profesorado de aula ordenará a saída para evitar excesiva confluencia nas escaleiras. A orde sería 1ºA-3ºC, 1ºB-3ºB, 2ºA-3ºA, 2ºB. No edificio C: 4ºB, 4ºA.

●     As saídas da aula realizaranse por proximidade á porta, de fila e posto.

●     Na medida do posible a entrada dos recreos debería realizarse en orde inversa á saída.

●     Os días solleiros repartiranse os cursos nos 3 espazos:

○     1º: patio cuberto (metade superior)

○     2º: patio de comedor

○     3º: pista polideportiva

○     4º: patio cuberto (metade inferior)

●     A localización variará mes a mes.

●     Non se diferencian espazos entre o alumnado do mesmo nivel. Procurarase que non se formen grupos con excesiva proximidade.

●     Os días chuviosos, de principio no patio cuberto. En catro zonas delimitadas por liñas amarelas.

●     Quedan prohibidos os xogos con pelota.

●     A entrada ao final dos recreos farase respectando a proximidade á porta de acceso (patio cuberto, patio comedor, pista).

●     Ao remate do recreo ningun alumno poderá acceder aos sevizos ata que o profesor de aula o autorice.

GARDAS

●     Aula de convivencia (2 mesas primeira planta!?).

●     Durante os recreos haberá un profesor de garda por espazo e un no interior do edificio A para control de acceso a baños.

●     Nas sesións posteriores aos recreos o profesorado de garda deberá subir inmediatamente para suplir a compañeir@s que tiñan garda de recreo.

●     En caso de que un alumno ou alumna presente sintomatoloxía protocolo COVID o profesorado de garda levarao á aula COVID cunha máscara cirúrxica e chamará a familia.

FAMILIAS

No inicio do curso 20/21 é conveniente ter presentes as normas de prudencia que a situación de posible contaxio COVID esixe.

●     As familias deben de ser conscientes en todo momento do beneficio individual e colectivo que implica respectar as nomas de hixiene e distanciamento en todo o proceso escolar (transporte, aula, recreo, comedor…).

●     Ante calquera sintomatoloxía do protocolo COVID o alumno ou alumna non debe acudir ao centro.

●     Nestes casos sempre é necesario notificalo ao centro de saúde e ao centro educativo.

●     Cada alumno debe de traer unha máscara de reposto. E unha bolsa ou estoxo para gardala de forma hixiénica no caso de ir ao comedor.

●     Neste curso non se poderán usar as taquillas, polo que se recomenda unha revisión diaria do material preciso para cada día.

●     Os teléfonos de contacto das familias deberían estar operativos en todo momento, por se fose preciso unha chamada de urxencia.

INICIO CURSO 20-21


Ola a tod@s:

Iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar marcado pola presenza do coronavirus SARS-CoV-2, veredes que hai moitos protocolos e que moitas cousas van ser diferentes. Esto non significa nada, só que temos que acostumarnos a esta nova realidade. Evidentemente, non vai ser igual que en anos anteriores pero temos que aprender a convivir con esta situación ata que poidamos acabar co virus.

A materia de EF terá que cambiar; en principio non poderemos ter actividades colaborativas e en equipo, e iso significa na práctica que a nosa asignatura perderá contidos importantes. Espero poder compensar estes contidos con outros que poidan motivarvos. Veremos como evoluciona o curso e a situación sanitaria.

Benvid@s a tod@s. A verdade é que vos botaba moito de menos. Grazas por estar aquí de novo.

domingo, 28 de junio de 2020

FIN DE CURSO 19-20

Remata o curso 19-20. Un curso que ía ser especial para mín por ser o primeiro no CPI Cruz do Sar despois de 19 anos noutro centro. O que non agardaba era que ía ser tan raro por culpa do coronavirus e que estariamos máis de tres meses sen vernos presencialmente. Para mín foi un curso duro por circuntancias estritamente persoais, en canto á miña relación profesional con vós creo que en xeral sodes uns grupos que funcionan aceptablemente ben. O peor do confinamento foi non poder seguir coñecéndonos e ter que suspender todas as actividades extraescolares previstas.
Quería tamén pedirvos desculpas se nalgún momento vos molestou algunha cousa que fixen ou dixen, xa sabedes que son un pouco "especial" pero nada máis lonxe da miña intención que causarvos dano. Supoño que pouco a pouco irémonos coñecendo mellor.
Desexarvos un bo verán, o virus aínda circula por ahí polo que tedes que tratar de evitar as aglomeracións, manter a distancia de seguridade e ter unha boa hixiene de mans. Espero e desexo poder vernos en setembro dunha maneira "normal".
Un abrazo a tod@s e intentade ser felices.

martes, 9 de junio de 2020

DATA LÍMITE ENTREGA VÍDEOS

Xa vistes que esta semana non subín ningunha tarefa. Os que queirades enviar algo tedes ata o domingo 14 de xuño para enviarme algún vídeo con algún paso dos que vimos estas semanas. A partir do domingo xa empezarei a facer as medias para a nota final de xuño. Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto conmigo a través do correo ou do whatsapp. Una aperta moi forte.

domingo, 31 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN . PASODOBRE 3

01-05  xuño
Entramos no mes de xuño, a piques de chegar (a semana  que vén) á fase 3 da desescalada. Tratade de respetar as distancias, cumplir as normas, lavar as mans e sobre todo sentidiño. Esta semán propóñovos a terceira  sesión de pasodobre. Nesta sesión podedes practicar os seguintes pasos, xa presentan unha maior dificultade:
- Diagonal 
- Paseo
Coma sempre podedes aprender os pasos no seguinte link:


Unha aperta para tod@s.

domingo, 24 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. PASODOBLE 2

25-29  mayo
Bueno, entramos en la fase 2 de la desescalada y lo único que os puedo recomendar es prudencia y que sigamos cumpliendo las normas, ya estamos acabando mayo y para esta semana os propongo los siguientes pasos para continuar con el pasodoble:
- Paso cruzado
- Vuelta de la chica (paso base)
- Paseo de la mujer
Como siempre podéis aprender los pasos en el siguiente link:


Un fuerte abrazo para tod@s.

domingo, 17 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. PASODOBLE 1.

18-22 Mayo
Espero que tengáis ya dominado el chachacha. Esta semana pasamos a otro baile, el pasodoble. Esta semana intentaremos aprender los siguientes pasos:
- Paso base
- Paso lateral
- Giro en pareja
Mucho ánimo. Los pasos los podéis ver en el siguiente enlace:

domingo, 10 de mayo de 2020

CRITERIOS AVALIACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA

A cualificación final será a media aritmética da 1ª e a 2ª avaliación + 0,5 puntos. A esta nota poderáselle engadir ata 1,5 puntos máis en función da realización dos traballos propostos dende o período de confinamento.

O alumnado que non acade o 5 poderá recuperar as avaliacións suspensas, antes do 15 de xuño, de dous xeitos:
- Presentando as actividades que se presentan nesta terceira avaliación.
- Ou realizando traballos específicos para recuperar a avaliación suspensa.

En ningún caso a cualificación final do alumnado con dúas avaliacións suspensas será superior ao 5.

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 4

11-15 Mayo
¡MUY BIEN! Pues con esta cuarta sesión terminamos con el chachacha. En esta sesión aprenderemos el cuadrado y el paso desplazado o triple chacha. Mucho ánimo.
Estos son los pasos que deberíais saber al terminar esta unidad de Bailes de salón.

CHACHACHA
1. Paso base
2. Diagonal (por delante chicos / por detrás chicas)
3. Vuelta chica (vuelta base en el chachacha)
4. Cruzado por detrás (diagonal por detrás o Hand to hand)
5. Cruzado por delante con vuelta de los dos (diagonal por delante o New York)
6. Rombo
7. Cuadrado
8. Paso desplazado (Triple chacha)

Los pasos nuevos de hoy los encontraréis en el siguiente enlace:


Los que queráis me podéis mandar un vídeo de vuestros progresos a mi correo jlallegue@hotmail.com o a mi número de teléfono por whatsapp. No hace falta que grabéis todos los pasos. Con dos o tres pasos es suficiente.

sábado, 2 de mayo de 2020

1º a 4º ESO. BAILES DE SALÓN. CHACHACHA 3

04-08 Mayo
Hola a tod@s. Aquí estamos de nuevo. Mucho ánimo a tod@s, que esto poco a poco va mejorando y seguro que pronto podremos vernos. Para esta semana tenemos la tercera y penúltima sesión de chachacha.
Deberíamos saber hacer ya los siguientes pasos:
- Paso base
- Diagonal
- Vuelta de la chica 
- Cruzado por detrás (diagonal por detrás o hand to hand)
- Cruzado por delante con vuelta de los dos (diagonal por delante o New York)

En el siguiente vídeo nos explican dos pasos: el rombo y el intercambio de dirección. Sólo tenemos que aprender el primero.
- Rombo