Déixovos aos cursos de 3º e 4º de ESO as fotografías de acrosport que sacamos na última clase adicada ás grandes estructuras. Grazas a tod@s os que colaborastes na realización das figuras ou na toma das imáxenes. Pódedes atopar todas as imáxenes no enlace: https://photos.app.goo.gl/PeKemFLP8mebkiNL7
sábado, 4 de diciembre de 2021
FOTOS ACROSPORT 21-22
Déixovos aos cursos de 3º e 4º de ESO as fotografías de acrosport que sacamos na última clase adicada ás grandes estructuras. Grazas a tod@s os que colaborastes na realización das figuras ou na toma das imáxenes. Pódedes atopar todas as imáxenes no enlace: https://photos.app.goo.gl/PeKemFLP8mebkiNL7
NORMAS I TORNEO XADREZ CRUZ DO SAR
Hai un total de 69 alumn@s anotados de Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.
O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
HORARIOS DE CADA RONDA
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45
Sorte a todos, lembrade
que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.
domingo, 28 de noviembre de 2021
ALUMNADO SEMANA NEVE 21-22
Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 59 alumnos de 3º e 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar un autocar de 63 prazas. En principio imos arriscarnos a tratar de levar adiante esta saída malia que as cifras de incidencia están volvendo a subir.
A viaxe será finalmente do día 13 ao 17 de febreiro (esquiando os días 14, 15, 16 e 17) na estación de Astún (Jaca, provincia de Huesca).
O prezo por persona estará entre os 410- 415 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é de 20 euros. Para facer snow deberán levar protectores de pulso.
O alumnado anotado para a actividade terá que facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 30 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@. Asemade antes desa data deberán traer unha copia do certificado de vacinación da COVID.
Empezaremos a repartir a vindeira semana as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que ingresar os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de catro.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
Realizaremos unha reunión coas familias antes de Nadal para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe, aclarar as dúbidas que poida haber e analizar como vai a incidencia acumulada nesas datas. Sería aconsellable que non mercaran nada antes desa reunión por si acaso nos viramos na obriga de suspender a actividade, No caso de suspensión posiblemente non recuperemos parte desa fianza (aproximadamente uns 40-50 € da reserva). Lamentamos esta incertidume pero as cifras da pandemia non invitan ao optimismo. Para calqueira dúbida podedes contactar comigo sen problema.
miércoles, 10 de noviembre de 2021
DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO. 1ª AVALIACIÓN
As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
Asemade o xoves despois do segundo recreo haberá a degustación do Magosto onde disfrutaremos das tradicionais castañas. Agardamos que disfrutedes.
Déixovos o manifesto para o día do peón de BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.
lunes, 8 de noviembre de 2021
AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 21-22
domingo, 17 de octubre de 2021
UNIDADES 1ª AVALIACIÓN ESO
As unidades que imos ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 4. Balonmán
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 4. Fútbol sala
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 4. Acrosport
domingo, 3 de octubre de 2021
NORMAS RECREO ESO
1. A partir do luns 04 de outubro empezaremos a deixar material deportivo para que poidades xogar nos recreos baixo unhas normas. Esta situación seguirá así sempre que a situación sanitaria o permita.
ESPAZO 1:
Parte superior do patio do comedor, na canastra pegada ao pavillón.
ESPAZO 2:
Parte inferior do patio do comedor, na canastra pegada ao pavillón.
ESPAZO 3:
Campo de fútbol-sala. Poderase xogar ao fútbol-sala no campo.
ESPAZO 4:
Mesa de ping-pong 1.
ESPAZO 5:
Mesa de ping-pong 2.
TURNOS
CAMPO FÚTBOL SALA:
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
1º
RECREO |
1º
ESO |
2º
ESO |
3º
ESO |
4º
ESO |
1º-
2º ESO |
|
2º
RECREO |
4º
ESO |
3º
ESO |
2º
ESO |
1º
ESO |
3º-
4º ESO |
Nas mesas
de ping-pong haberá que dispoñer de MATERIAL PROPIO que non se
poderá compartir e só se poderá xogar 4 á vez.
martes, 14 de septiembre de 2021
INICIO CURSO 21-22

