GRUPO 1. Yeray, Leire, Martina, Noelia e Alejandro. (luns 17 de xaneiro)
1º ESO B
As unidades que imos ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
Bueno, pois ata aquí chegou este 2021 no aspecto académico. O martes 21 de decembro tivemos dúas rutas, unha ao Mosteiro de Bergondo e outra ao Pazo de Mariñán e con elas e coas notas despedímonos ata o 2022.Felicitarvos a tod@s por seguir poñendo o voso gran de area na loita contra o coronavirus e desexar que nalgún momento do 2022 poida rematar este pesadelo e retomar as nosas vidas e as nosas clases dun xeito NORMAL. Pedirvos desculpas se durante este 2021 cometín erros con vós ou dixen ou fixen algo que vos sentara mal.
Deséxovos a tod@s unhas felices festas coas vosas familias e unha boa entrada neste ano 2022 que nos agarda á volta da esquina. Lembrade que estaremos de volta o día 10 de xaneiro.
Este luns 20 de dcembro celebramos no CPI Cruz do Sar o I Torneo de Xadrez, contamos con 68 participantes dos cursos da ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e paciencia e tamén a vosa inapreciable axuda na recollida de todo o material. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O gañador foi Alejandro Rodríguez Mallo de 4º de ESO. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.
Xa está todo preparado para a celebración mañá do I Torneo de xadrez do CPI Cruz do Sar. Lembrade as normas COVID e tratade de manter silencio dentro do posible. Vémonos mañá. Moita sorte a tod@s.
En principio, por prevención
a causa da alta incidencia pregamos que entre á reunión unha única persona por
alumn@.