sábado, 21 de octubre de 2023
HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA
lunes, 16 de octubre de 2023
SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO
SESIÓN PRÁCTICA A REALIZAR POLO ALUMNADO / 4º ESO
viernes, 29 de septiembre de 2023
NORMAS MATERIAL LECER
A partir do luns 02 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.
1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl na entrada do edificio da ESO. Este curso o
baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO
NAS HORAS DE RECREO, o material
é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e
material.
3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado
procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase
con tempo suficiente. TODOS SODES
RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante
calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.
4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).
5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.
6. SE NON SE CUMPREN ESTAS
NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.
7. PENSADE EN TODO ESTO E
TRATADE DE SER RESPONSABLES.
MATERIAL
- Balóns de fútbol sala (1)
- Balóns de baloncesto (4)
- Balón de brilé (1)
- Balón de voleibol (1)
TURNOS
CAMPO FÚTBOL SALA:
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
1º RECREO |
1º ESO |
2º ESO |
3º - 4º ESO |
3º - 4º ESO |
1º- 2º ESO |
|
2º RECREO |
3º - 4º ESO |
3º - 4º ESO |
2º ESO |
1º ESO |
3º- 4º ESO |
viernes, 22 de septiembre de 2023
PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA
domingo, 10 de septiembre de 2023
INICIO CURSO 23-24
martes, 27 de junio de 2023
RAFTING 22-23. MEMORIA E FOTOS
Malia que xa as envíamos ao grupo de whatsapp queda, coma sempre, o enlace ás fotos da actividade e tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade do menu da esquerda. Vémonos noutro río. Unha aperta a tod@s.
https://photos.app.goo.gl/ENmte3Xjo89N1QJP9
jueves, 22 de junio de 2023
FIN DE CURSO 22-23
Deséxovos a tod@s unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas, aproveitade algún momento para analizar tamén como foi o voso curso e o voso comportamento. Este ano houbo un montón de problemas de convivencia en cursos diferentes, pensade si de verdade estes "malos rollos" merecen a pena. Moita sorte tamén a todos aqueles que nos deixan e van continuar o seu camiño noutro centro. Botarémosvos de menos. Pois nada, a disfrutar do verán. Vémonos en setembro...
martes, 20 de junio de 2023
DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO 22-23
Non sei en que momento da nosa traxectoria xuntos empezamos a separarnos, non sei onde quedou o feeling que tiña con vós cando entramos xuntos na ESO, e digo entramos, porque ese foi o meu primeiro curso no CPI Cruz do Sar. Con 4º A malia as nosas desavenencias ao longo destes anos fomos recuperando parte desa boa relación que había, sinto dicir que con 4º B non sentín o mesmo. Sei que tod@s temos parte de culpa, pero para mín que adoito ter, en xeral, boa relación co alumnado este curso con vós resultoume complicado.
Hai personas que fan mellores ás personas coas que están; outras que teñen tendencia a deixarse arrastrar polos demais; outras cun ego tan grande que son incapaces de recoñecer os seus erros e tratar de cambiar ou adaptarse; outras que tratando de evitar problemas, e pesar da súa intelixencia, son incapaces de plantarse ante as inxustizas; outras que son nocivas para o resto; outras...., en fin... espero que cos anos a maioría de vós sexa, ou intente ser, do primeiro grupo
Sodes unha xeración que pasou por unha pandemia e un confinamento nunha etapa complicada da vida, espero que saibades sobrepoñervos a esa situación. Moitos teriades que ter repetido en algún momento moito antes de chegar a este curso, pero as cousas son así e sei que a inmensa maioría marcharedes este curso.
Agora vou dicir ALGO AMABLE. Malia todo o que vos dixen antes eu sigo creendo en vós, agora que empezades unha nova etapa o mundo ábrese ante vós e tedes que saír e ser constantes e perseverantes para acadar os vosos soños. Quero dicirvos tamén a tod@s que aquí seguides a ter ao voso centro e aos vosos profesores para o que precisedes. Deséxovos toda a sorte do mundo para o voso futuro e lembrade que o máis importante, o que máis hai que coidar son a familia e os amigos.
Pedirvos perdón por todo o que poiden facer ou dicir ao longo destes anos que vos poidera ter parecido mal (incluida esta entrada), quero que saibades que a miña intención sempre é intentar que sexades mellores personas. Non me enrollo máis. MOITA SORTE A TOD@S na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. BICOS PARA TOD@s.
MEMORIA E FOTOS ACAMPADA
Podedes ver as fotos que sacamos os profes e as poucas que me mandastes algúns pinchando no icono da actividade no menú da esquerda ou no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/6SLtkBRQyaH8prhe6
sábado, 17 de junio de 2023
SAÍDA ACAMPADA
Desafiando as previsións metereolóxicas o alumnado de 2º de ESO acompañados por Fernando e eu mesmo realizaremos unha acampada no cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero), alí montaremos as nosas tendas e realizaremos unha ruta en kaiak no encoro do río Eume e unha ruta de sendeirismo polas Fragas. Espero que o tempo nos respete un pouco e que tod@s vos portedes o mellor posible. Vémonos mañá ás 10:00 no Concello.









