sábado, 4 de enero de 2025

RESULTADOS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada o martes día 17 de decembro  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 1º     48 alumnos        48 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     48 alumnos        48 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     18 alumnos         18 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         15 aprobados        04 suspensos         79% aprobados

TOTAL 3º    37 alumnos         33 aprobados        04 suspensos         89% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         21  aprobados       03 suspensos        88% aprobados

4º ESO B:     23 alumnos         23 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

TOTAL 4º:   47 alumnos         44  aprobados       03 suspensos        94% aprobados


TOTAL   180  alumnos   173 aprobados   07 suspensos   96% aprobados


FOTOS SEMANA NEVE 24-25

Non teño moitas fotos vosas este ano, están as que sacamos os profes e as que teño vosas que non son paisaxes. Podedes acceder a elas no seguinte enlace ou no icono da actividade mo menú da esquerda. Unha aperte. Vémonos en poucos días. 

https://photos.app.goo.gl/5jQ67ciE6LgQFZZF8

domingo, 29 de diciembre de 2024

MEMORIA SEMANA NEVE 24-25

Ás 04:00 do 20 de decembro chegamos a Bergondo as 96 personas do CPI Cruz do Sar  que iniciamos a viaxe a Astún.

En xeral estamos moi contentos do resultado da actividade, tanto a nivel conductual como a nivel de aprendizaxe de esquí foi un dos mellores anos que lembramos. Notouse que a maioría xa tiña a experiencia doutros anos e así é máis doado axudar aos que veñen por primeira vez.

Tivemos un tempo espectacular durante os tres primeiros días e unha neve moi boa. Non é o habitual, tivemos moita sorte este año. Hubo poucas lesións que agardamos se recuperen pronto.

En fin, para mín xa sabedes que o máis importante é que non houbo lesionados de gravedade, o resto son simples anécdotas que lembraremos con risas nos vindeiros anos. Espero que disfrutarades da experiencia e da intensidade coa que se viven os días na neve.
Agradecervos a tod@s a vosa presenza, o voso comportamento e a vosa axuda e colaboración. Foi un pracer estar esta semana na vosa compaña.



sábado, 14 de diciembre de 2024

SAÍDA SEMANA NEVE 24-25


Quedan xa poucas horas para a saída á neve deste curso. A estación está aberta e hai bastante neve. Ao final tivemos sorte e podemos ir en decembro. Un total de 92 alumnos participarán nesta actividade. Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 06:00 da mañá. Descansade.


domingo, 10 de noviembre de 2024

NOVIDADES MATERIAL LECER

A partir do luns 11 de novembro o material  para os recreos estará nun só baúl no edificio de Primaria. O material dese baúl será para uso compartido tanto de Primaria como da ESO:

sábado, 9 de noviembre de 2024

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para 3º  e 4º ESO son as seguintes:



3º ESO A: 21 de novembro
3º ESO B: 14 de novembro
4º ESO A: 27 de novembro
4º ESO B: 27 de novembro

jueves, 31 de octubre de 2024

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado de 3º e 4º de ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. Aínda faltan por actualizar con datos deste curso as marcas de 1º e de 2º.

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

miércoles, 30 de octubre de 2024

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 99 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será, se a neve o permite, do día 15 ao 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona será de 500 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) teñen que ingresar os 200€ na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outro talonario (ingresando cando os vendan outros 200€). Do terceiro talonario (50 rifas a 2€) quedarían cos cartos (100€) para recuperar a fianza.

No caso de non poder ir finalmente á excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla as rifas.

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 14 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

lunes, 21 de octubre de 2024

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

                          SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: luns, 11 de Novembro

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Martina, Álex, Noelia e Alejandro.
2. Keri, Chiaffi, Ainhoa e Miguel.
3. Saray F., Alejandra, Sara e Saray G.
4. Juan, Claudia, Cristian e Hugo.
5. Adri, Natalia, Desi e Lucas.
6. Estela, Jose, Paloma e Alonso.

GRUPOS 4º ESO B
1. Yerai, Telma, Leyre e Dasha.
2. Joshua, Claudia, Celia e Brais.
3. Lola, Paula, Lorena e Lucía.
4. Aroa, Manu, Simón e Javier.
5. Rivas, Salorio, Diego e Irene.
6. Eva, Bruno e David.

lunes, 14 de octubre de 2024

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 24-25

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP e ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización é ata o venres 25 de outubro. No caso "improbable" de ter máis de 104 alumnos anotados terá preferencia o alumnado de 6º de EP e 2º e 3º de ESO que cumpran os prazos, despois completaríase co resto de cursos por orde de ingreso do depósito.

O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do  01 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.

A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (15-19) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría arredor dos 500 €.


O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.