A partir do luns 11 de novembro o material para os recreos estará nun só baúl no edificio de Primaria. O material dese baúl será para uso compartido tanto de Primaria como da ESO:
domingo, 10 de noviembre de 2024
sábado, 9 de noviembre de 2024
DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO
As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para 3º e 4º ESO son as seguintes:
jueves, 31 de octubre de 2024
HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA
miércoles, 30 de octubre de 2024
REUNIÓN SEMANA NEVE
A viaxe será, se a neve o permite, do día 15 ao 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación de Astún (Jaca, provincia de Huesca).
O prezo por persona será de 500 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.
Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) teñen que ingresar os 200€ na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outro talonario (ingresando cando os vendan outros 200€). Do terceiro talonario (50 rifas a 2€) quedarían cos cartos (100€) para recuperar a fianza.
No caso de non poder ir finalmente á excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla as rifas.
Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 14 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
lunes, 21 de octubre de 2024
SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO
SESIÓN PRÁCTICA A REALIZAR POLO ALUMNADO / 4º ESO
lunes, 14 de octubre de 2024
AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 24-25
Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización é ata o venres 25 de outubro. No caso "improbable" de ter máis de 104 alumnos anotados terá preferencia o alumnado de 6º de EP e 2º e 3º de ESO que cumpran os prazos, despois completaríase co resto de cursos por orde de ingreso do depósito.
O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 01 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (15-19) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría arredor dos 500 €.
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
martes, 1 de octubre de 2024
UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN
As unidades que estamos a ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 3. Voleibol
domingo, 15 de septiembre de 2024
NORMAS MATERIAL LECER
A partir do mércores 01 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.
1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl na entrada do edificio da ESO. Este curso o baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO, o material é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e material.
3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.
4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).
5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.
6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.
7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.
MATERIAL
- Balóns de fútbol sala (1)
- Balóns de baloncesto (4)
- Balón de brilé (1)
- Balón de voleibol (1)
TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:
| LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
1º RECREO | 1º ESO | 2º ESO | 3º - 4º ESO | 3º - 4º ESO | 1º- 2º ESO |
2º RECREO | 3º - 4º ESO | 3º - 4º ESO | 2º ESO | 1º ESO | 3º- 4º ESO |
jueves, 12 de septiembre de 2024
PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA
No curso 2024-25 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:




