jueves, 29 de abril de 2021

NORMAS RECREOS ESO

1. A partir do luns 03 de maio, e se a situación sanitaria o permite, empezaremos a deixar algún tipo de material deportivo para que poidades xogar nos recreos baixo unhas normas. O centro cree, que salvo algunha excepción, estades a cumprir de xeito responsable coas normas relacionadas coa COVID e estamos dispostos a abrir algo estas restriccións.

2. Os espazos seguirán a repartirse por cursos: 1º e 2º de ESO (ESPAZO 1) e 3º e 4º de ESO (ESPAZO 2). Pero cambiaremos de espazo SEMANALMENTE.

3. ESPAZO 1: Patio do comedor e parte superior do patio cuberto: poderase xogar ao brilé no patio do comedor, na canastra pegada ao edificio da ESO e na mesa de ping-pong ubicada nesa zona.

ESPAZO 2: Campo de fútbol-sala e parte inferior do patio cuberto: poderase xogar ao fútbol-sala no campo, na canastra pegada ao edificio da ESO e na mesa de ping-pong ubicada nesa zona

4. No campo de brilé haberá un máximo de 12 personas intentando minimizar os contactos. No campo de fútbol-sala xogarán un máximo de 14 personas intentando minimizar os contactos. Nas canastras SÓ se poderán realizar xogos coma “o 21, o KO ou o -15”. Non se poderá xogar partidos e haberá unha limitación de 8 personas xogando. Nas mesas de ping-pong haberá que dispoñer de MATERIAL PROPIO que non se poderá compartir e só se poderá xogar individualmente.

5. O material estará ubicado dentro do pavillón nunha caixa onde se recollerá e se volverá a deixar unha vez que soe o timbre. O material será o seguinte: un balón de brilé, un balón de fútbol e dous balóns de baloncesto.

6. Deberán seguir cumpríndose as normas relacionadas coa COVID: mascarilla, desinfección de mans e trataremos de manter a distancia de seguridade o máximo que poidamos.

7. De observarse por parte do profesorado de garda que estas normas se incumpren sistemáticamente procederemos a retirar o material e volveremos á situación anterior.

8. No caso de estar chovendo e estar toda a ESO no patio cuberto non se podería utilizar o material.

PROXECTO RÍOS: SAÍDA AO RÍO CALLOU

O venres 16 de abril colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. 

O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. 

Despois de máis dun ano de non poder realizar ningún tipo de saída foi un auténtico pracer para mín e para Begoña acompañar a Cristina e ao alumnado nesta actividade. O voso comportamento foi excelente e o traballo realizado... bueno, algúns traballaron máis que outros. Moitas grazas a Cris pola oportunidade de poder saír de novo do centro.

jueves, 11 de febrero de 2021

DATAS EXAME TEÓRICO ESO 2ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 03 de marzo
1º ESO B: 03 de marzo
2º ESO A: 02 de marzo
2º ESO B: 04 de marzo
3º ESO A: 03 de marzo
3º ESO B: 04 de marzo
3º ESO C: 01 de marzo
4º ESO A: 02 de marzo
4º ESO B: 03 de marzo

jueves, 24 de diciembre de 2020

VACACIÓNS NADAL

Pois contra todo pronóstico chegamos ao Nadal. Noraboa a tod@s pola vosa adaptación ás novas circunstancias, sobre todo na clase de Educación Física. De verdade que a vosa capacidade de adaptación é EXTRAORDINARIA. Desexarvos a tod@s unhas felices festas e un 2021 mellor que o 2020 que se acaba. 

BO NADAL!!!!! 
Vémonos en xaneiro.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 27 de novembro
1º ESO B: 20 de novembro
2º ESO A: 26 de novembro
2º ESO B: 26 de novembro
3º ESO A: 27 de novembro
3º ESO B: 26 de novembro
3º ESO C: 30 de novembro
4º ESO A: 26 de novembro
4º ESO B: 25 de novembro

domingo, 27 de septiembre de 2020

PROTOCOLO COVID EDUCACIÓN FÍSICA

Pinchando na imaxe podedes acceder ao Protocolo Covid para a materia de Educación Física, se tedes algunha aportación será benvida. Un saúdo a tod@s.

sábado, 26 de septiembre de 2020

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

 

 Achégovos as normas Covid do centro para os que todavía non as coñezan.

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

OBXECTIVO: GARANTIR O DISTANCIAMENTO E UN ESCASO INTERCAMBIO DE ESPAZOS.  

 síntomas COVID

 - febre +37,5 / tose seca 7 dificultade respiratoria / dor muscular / cansazo / dor de gorxa / perda gusto ou olfacto / diarrea

AULA

 ●     O profesorado encargarase da apertura de ventás e persianas.

●     Tanto na primeira sesión como despois de cada recreo, o profesorado de aula debe controlar a hixienización de mans.

●     Cando se utilice material compartido (bolígrafos, papel, …) realizarase un previo aseo de mans.

●     O non respecto ás normas de prudencia sanitaria, suporá unha falta leve.

●     MÁSCARA, obrigatoria dende os 6 anos. Agás prescrición facultativa.

●     Ventilación: ao inicio e final da mañá (15 min)  e recreos.

●     Para evitar a volatilidade do material debido a ventilación necesaria nos recreos deben de quedar as mesas recollidas.

●     Nos recreos as aulas quedarán abertas para ventilación.

●     O material da biblioteca de aula (dicionarios, p.ex.), no caso de ser usado, debe pasar catro horas de corentena nunha caixa específica. Na entrada do día seguinte reincorporaráse a súa localización habitual.

ENTRADA/SAÍDA

●     O profesorado de garda irá guiando a entrada do alumnado por orde de chegada de bus. Á vez tamén accederá o de madrugadores e transporte individual.

●     O acceso ás aulas realizarase pola primeira escaleira. A baixada, pola do fondo do vestíbulo.

●     Unha marca no vestíbulo delimita a zona de paso do alumnado fronte a de estancia para xestións administrativas.

●     As portas de entrada edificios A e C teñen unha delimitación para coincidencias de entrada/saída. Circulación polo lado dereito.

●     Á saída, o profesorado de aula da última sesión acompañará ao alumnado de xeito  organizado cara o comedor e buses.

RECREOS

●     O profesorado de aula ordenará a saída para evitar excesiva confluencia nas escaleiras. A orde sería 1ºA-3ºC, 1ºB-3ºB, 2ºA-3ºA, 2ºB. No edificio C: 4ºB, 4ºA.

●     As saídas da aula realizaranse por proximidade á porta, de fila e posto.

●     Na medida do posible a entrada dos recreos debería realizarse en orde inversa á saída.

●     Os días solleiros repartiranse os cursos nos 3 espazos:

○     1º: patio cuberto (metade superior)

○     2º: patio de comedor

○     3º: pista polideportiva

○     4º: patio cuberto (metade inferior)

●     A localización variará mes a mes.

●     Non se diferencian espazos entre o alumnado do mesmo nivel. Procurarase que non se formen grupos con excesiva proximidade.

●     Os días chuviosos, de principio no patio cuberto. En catro zonas delimitadas por liñas amarelas.

●     Quedan prohibidos os xogos con pelota.

●     A entrada ao final dos recreos farase respectando a proximidade á porta de acceso (patio cuberto, patio comedor, pista).

●     Ao remate do recreo ningun alumno poderá acceder aos sevizos ata que o profesor de aula o autorice.

GARDAS

●     Aula de convivencia (2 mesas primeira planta!?).

●     Durante os recreos haberá un profesor de garda por espazo e un no interior do edificio A para control de acceso a baños.

●     Nas sesións posteriores aos recreos o profesorado de garda deberá subir inmediatamente para suplir a compañeir@s que tiñan garda de recreo.

●     En caso de que un alumno ou alumna presente sintomatoloxía protocolo COVID o profesorado de garda levarao á aula COVID cunha máscara cirúrxica e chamará a familia.

FAMILIAS

No inicio do curso 20/21 é conveniente ter presentes as normas de prudencia que a situación de posible contaxio COVID esixe.

●     As familias deben de ser conscientes en todo momento do beneficio individual e colectivo que implica respectar as nomas de hixiene e distanciamento en todo o proceso escolar (transporte, aula, recreo, comedor…).

●     Ante calquera sintomatoloxía do protocolo COVID o alumno ou alumna non debe acudir ao centro.

●     Nestes casos sempre é necesario notificalo ao centro de saúde e ao centro educativo.

●     Cada alumno debe de traer unha máscara de reposto. E unha bolsa ou estoxo para gardala de forma hixiénica no caso de ir ao comedor.

●     Neste curso non se poderán usar as taquillas, polo que se recomenda unha revisión diaria do material preciso para cada día.

●     Os teléfonos de contacto das familias deberían estar operativos en todo momento, por se fose preciso unha chamada de urxencia.

INICIO CURSO 20-21


Ola a tod@s:

Iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar marcado pola presenza do coronavirus SARS-CoV-2, veredes que hai moitos protocolos e que moitas cousas van ser diferentes. Esto non significa nada, só que temos que acostumarnos a esta nova realidade. Evidentemente, non vai ser igual que en anos anteriores pero temos que aprender a convivir con esta situación ata que poidamos acabar co virus.

A materia de EF terá que cambiar; en principio non poderemos ter actividades colaborativas e en equipo, e iso significa na práctica que a nosa asignatura perderá contidos importantes. Espero poder compensar estes contidos con outros que poidan motivarvos. Veremos como evoluciona o curso e a situación sanitaria.

Benvid@s a tod@s. A verdade é que vos botaba moito de menos. Grazas por estar aquí de novo.

domingo, 28 de junio de 2020

FIN DE CURSO 19-20

Remata o curso 19-20. Un curso que ía ser especial para mín por ser o primeiro no CPI Cruz do Sar despois de 19 anos noutro centro. O que non agardaba era que ía ser tan raro por culpa do coronavirus e que estariamos máis de tres meses sen vernos presencialmente. Para mín foi un curso duro por circuntancias estritamente persoais, en canto á miña relación profesional con vós creo que en xeral sodes uns grupos que funcionan aceptablemente ben. O peor do confinamento foi non poder seguir coñecéndonos e ter que suspender todas as actividades extraescolares previstas.
Quería tamén pedirvos desculpas se nalgún momento vos molestou algunha cousa que fixen ou dixen, xa sabedes que son un pouco "especial" pero nada máis lonxe da miña intención que causarvos dano. Supoño que pouco a pouco irémonos coñecendo mellor.
Desexarvos un bo verán, o virus aínda circula por ahí polo que tedes que tratar de evitar as aglomeracións, manter a distancia de seguridade e ter unha boa hixiene de mans. Espero e desexo poder vernos en setembro dunha maneira "normal".
Un abrazo a tod@s e intentade ser felices.

martes, 9 de junio de 2020

DATA LÍMITE ENTREGA VÍDEOS

Xa vistes que esta semana non subín ningunha tarefa. Os que queirades enviar algo tedes ata o domingo 14 de xuño para enviarme algún vídeo con algún paso dos que vimos estas semanas. A partir do domingo xa empezarei a facer as medias para a nota final de xuño. Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto conmigo a través do correo ou do whatsapp. Una aperta moi forte.