miércoles, 19 de octubre de 2022

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 22-23

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP, 2º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o luns 31 de outubro. 

O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 31 de outubro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.

 

A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (18-23) e tería lugar na estación de Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente sobre os 435 €.

 

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

martes, 11 de octubre de 2022

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

 SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: venres, 28 de Outubro
PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Andrés, Nico e Miguel.
2. Xabi e Aarón.
3. Daniela, Alejandra e Zóe.
4. Leire, Sara e Elba.
5. Jacobo, Óscar e Andrea.
6. Marta, Ana e Candela.

GRUPOS 4º ESO B
1. Benji, Mateo e David.
2. Agustín, Álex e Jacobo
3. Antía, Sara M e Anxo.
4. Alba, Laura M e Sara O.
5. Pablo e Elmo
6. Victoria, Laura V e Lydia.

domingo, 25 de septiembre de 2022

QUECEMENTO 1º ESO

Durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:

1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.

Os grupos  e as datas aproximadas son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Mariña, Alicia e Daniela. (luns 03 de outubro)
GRUPO 2. Bruno, Ismael e Hugo. (mércores 05 de outubro)
GRUPO 3. Réka, Óscar e Luján. (xoves 06 de outubro)
GRUPO 4. Vega, Gabriel e Mario. (luns, 10 de outubro)
GRUPO 5. Antón, Sara e Alba. (mércores 11 de outubro)
GRUPO 6. Samuel, Lucía e César. (xoves 12 de outubro)
1º ESO B
GRUPO 1. David, Nerea e Carlos C. (luns 03 de outubro)
GRUPO 2. Daniela, Alma e Carlos G. (xoves 06 de outubro)
GRUPO 3. Thomas, Mencía e Santiago. (venres 07 de outubro)
GRUPO 4. Alba, Martín e Adrián. (luns 10 de outubro)
GRUPO 5. Naiara, Antía, Rosaura e Andrea. (xoves 13 de outubro)
GRUPO 6. Marta S., Noa e Marta V. (venres 14 de outubro)

miércoles, 7 de septiembre de 2022

INICIO CURSO 22-23


O día 8 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar, un curso marcado polo de agora pola eliminación das medidas COVID, agás no transporte; e pola reducción drástica dende educación de profesorado tanto no noso centro coma no resto.

Estreamos tamén unha nova lei educativa, a LOMLOE, tanto en 1º coma en 3º de ESO sen estar aprobados e publicados os novos currículos.

Trataremos de facelo o mellor posible. Benvid@s de novo ao voso centro.

sábado, 2 de julio de 2022

FOTOS ACAMPADA 21-22


Agradecevos a tod@s a vosa compaña estos dous días e tamén o voso bon comportamento. Lamentar que non poideramos utilizar a piscina e tamén un pouco o tema da comida. O cámping cambiou de donos este ano e eu tratara con eles máis ou menos as comidas pero bueno, non se axustaron demasiado ao que tiñamos acordado. En parte a culpa foi miña por non concretar todo.

Espero que o pasarades ben a pesar das queixas durante a ruta de sendeirismo, como pequeno consello para que teñades en conta (sabendo que non me ides facer caso) está o tema do móbil. Sodes totalmente dependentes deles e tedes que aprender a limitar o seu uso, tampouco é culpa totalmente vosa, esta sociedade está feita así pero como falababa un destes días con Emma tedes que aprender a ser críticos, é dicir, analizar as cousas e formar unha opinión sobre elas. 

Bueno, xa calo, quédavos o enlace coas fotos que saquei e que me enviastes (seleccionadas), tamén podedes acceder clicando na foto da actividade no menú da esquerda da páxina. Agradecer públicamente a Fernando a súa colaboración, axuda e compromiso porque sen él non podería ter feita esta actividade. Unha aperta a tod@s. Vémonos en setembro ou antes.




jueves, 23 de junio de 2022

DESPEDIDA 4º ESO


Ao final con este final de curso descafeinado e caótico non tiven ocasión de sacar foto cos de 4º ESO A, por eso vai esta foto da graduación na que non estou eu pero estades a maioría. Nin foto, nin enquisa de final de curso, nin palabras de despedida, nin rafting...

A verdade é que todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Sempre hai en vós unha unha mistura de nostalxia e esperanza: nostalxia por deixar un centro que case foi a vosa casa e esperanza pensando no que o futuro vos terá reservado. O único consello que vos podo dar é que creades en vós mesmos, que loitedes  polo que queredes, que intentedes non facer dano aos demais e que sen traballo ninguén vos vai regalar nada.

Dende este blogue so quería desexarvos toda a sorte do mundo nesa etapa alonxados de nós que ides comezar, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. Un bico a todos!!!!

miércoles, 22 de junio de 2022

FIN DE CURSO. POR FIN!!!

Este curso foi un ano raro. Non sei se podería con outra semana máis. O curso no que por fin a pandemia nos deixou empezar a facer algunha actividade e o primeiro curso sen exames de setembro aínda que perdamos case todo o mes de xuño. En fin, desexarvos a tod@s unhas felices vacacións, que descansedes todo o que poidades, que gastedes uns minutos en analizar cómo foi o voso curso e ver en que podedes mellorar. Eu prometo facer o mesmo. Un saúdo a todos. Bó verán.

CANCELACIÓN RAFTING



Debido a moitas baixas de última hora temos que proceder á cancelación da actividade de rafting que tiñamos prevista para o luns 27 de xuño. Unha mágoa porque era unha actividade moi interesante para vós. Quédame aínda xente por devolverlle o importe da actividade, os que faltades buscádeme hoxe polo centro. Un abrazo a tod@s. 

domingo, 19 de junio de 2022

APRAZAMENTO ACAMPADA

A acampada prevista para os días 19 e 20 de xuño queda aprazada para os días 30 de xuño e 01 de xullo (xoves e venres)  debido ás adversas condicións metereolóxicas. Lamento moito o cambio porque hai alumnado que non pode ir nas novas datas pero non quedou outra opción. Outra vez será...

martes, 14 de junio de 2022

FOTOS SAÍDA TERRAS DO MANDEO 2º ESO


Déixovos no enlace de abaixo as fotos sacadas na saída "Ría de Betanzos. Terras do Mandeo" organizada polo departamento de Bioloxía. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/haV3rPidF9aKeRpX7