martes, 17 de junio de 2025

MEMORIA ACAMPADA 24-25

 

O domingo 15 e o sábado 16 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do Concello o domingo e pasamos parte da mañá montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de xogar un partido de fútbol e outros de poñer en común toda as chuminadas que levaron. O proceso de montaxe da tendas estivo moi ben, case todos sabían montar as súas tendas con máis ou menos pericia e non faltaba ningún elemento indispensable. Non fixo falla recurrir ás tendas de reforzo que levábamos. 

Pola tarde o sol e un vento frío e incómodo acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañaunos Abel con Reboiras na embarcación auxiliar; aínda que tamén andaba por alí Rocío axudando nas tarefas de material e embarque. Todos eles vellos coñecidos do Clube Fragas do Eume Kaiak. Os nosos intrépidos palistas foron remontando o río, coma sempre con moito esforzo e moitas queixas, seguíndoo ata o seu estreitamento e volta ao embarcadoiro onde o vento converteu o tradicional baño final nun "sálvese o que poida". Á hora da cea moita fame, a comida coma sempre, regular tirando a mal. E despois, a durmir.... o que se poido...  e o que nos deixaron...

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, pickleball, voleibol, risas e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. Nesta ocasión malia non ter piscina quedámonos ata as sete e media chegando de volta a Bergondo sobre as 20:15.

Moi bo comportamento pola vosa parte, aínda que eu vos berre igual. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Grazas a tod@s, sobre todo a Manuel, que se incorporou o domingo para axudarme na ruta de sendeirismo. Vémonos na seguinte. 

martes, 3 de junio de 2025

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

 1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO (Domingo 15 de xuño)

09:45   Saída de Bergondo (CONCELLO)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS (Luns 16 de xuño)
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  45  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 11 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

AUTORIZACIÓN RAFTING 24-25

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o venres día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   A saída será do concello de Bergondo  ás 08:30 h. do día 27 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·  O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·  MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·  A data límite para entregar as autorizacións é o luns 09 de xuño e para pagar o mércores 18 de xuño.

martes, 20 de mayo de 2025

AUTORIZACIÓN ACAMPADA

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar de Bergondo está a organizar unha acampada de dous días dirixida ao alumnado de 2º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).


A actividade realizaríase os días 15 e 16 de xuño (domingo e luns) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría  sobre os 45 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado de 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o luns 02 de xuño.


O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, O transporte en bus ao cámping e ás actividades estaría en principio subvencionado polo Concello.

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO

 As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para 3º e 4º da ESO son as seguintes:



3º ESO A: 29 de maio
3º ESO B: 29 de maio
4º ESO A: 21 de maio
4º ESO B: 21 de maio

viernes, 16 de mayo de 2025

FOTOS SURF 24-25

Un total de 23 alumnos disfrutaron durante dous días coa actividade de surf deste curso en Bastiagueiro. Boa compaña, días soleados e boas ondas para aprender. Que máis se pode pedir? Bueno, un pouquiño de silencio. Espero que vos gustara a actividade e que quedarades con ganas de máis Déixovos o enlace coas fotos. Había moitas máis pero a cámara e o zoom do meu móbil non son de moita calidade. Unha aperta a tod@s. 

https://photos.app.goo.gl/xJPqRMLaV2Vpvefn9

lunes, 5 de mayo de 2025

ACTIVIDADE SURF 24-25

Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos un total de 24 alumn@s de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto todos os alumnos anotados irán dous días á actividade de SURF.

O prezo total da actividade será de 30 € (15€ por cada día). A actividade durará aproximadamente 2 horas. O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toallas, chanclas e protector solar. Que leven tamén auga e a súa merenda.

Esta actividade realizarase o mércores  día 15 e 16 de maio co seguinte horario:

09:30                   Saída do centro CPI Cruz do Sar

10:00 a 12:00      SURF

12:30                   Regreso ao centro CPI Cruz do Sar

13:00                   Chegada ao centro


O alumnado que realiza a actividade terá clase no CPI as dúas últimas horas, polo que deben levar unha mochila co material das últimas horas.

UNIDADES ESO 3ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 3ª avaliación en 3º e 4º de ESO son as seguintes:

3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2
UD 7. AN3: Orientación
UD 8. Expresión Corporal 3

4º ESO
UD 5. Xogos populares e alternativos 4
UD 6. O ritmo
UD 8. AN4: Escalada

viernes, 11 de abril de 2025

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Rematamos a 2ª  avaliación e case o curso, cando voltemos ás aulas quedarán unhas sete semanas de clase incompletas porque temos a ponte do 01 de maio. En xeral, os vosos resultados empeoraron nesta 2ª avaliación con respecto á 1ª. Quixera pedirvos un esforzo pola vosa parte, sobre todo aos que estades en 4º, para poder mellorar estos resultados en xuño. Non valen excusas de se os profes, se non tiven tempo, se me teñen manía... Nós non somos perfectos pero vós tedes que facer un pequeno exercicicio de análise de porqué tedes estes resultados; e seguro que vós dades conta de que a maior responsabilidade recae en vós. Espero que a inmensa maioría poida remontar en xuño, depende unicamente de vós, confiade nas vosas capacidades e posibilidades e priorizade durante algún tempo o estudio sobre o resto das vosas actividades (e redes sociais). Voltamos o 22 de abril. Descansade e recuperade despois dun torneo de fútbol intenso e con moitos tocados físicamente. Vémonos nuns días. Unha aperta a tod@s.

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada o martes día 08 de abril  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        23 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

TOTAL 1º     48 alumnos        47 aprobados       01 suspensos           98% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        25 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     49 alumnos        49 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     19 alumnos         19 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         18 aprobados        01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 3º    38 alumnos         37 aprobados        01 suspensos         97% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         22  aprobados       02 suspensos        92% aprobados

4º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos        96% aprobados

TOTAL 4º:   48 alumnos         45  aprobados       03 suspensos        94% aprobados


TOTAL   183  alumnos   178 aprobados   05 suspensos   97% aprobados