Neste curso 2026-27 contamos con tres profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:
jueves, 17 de septiembre de 2026
PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA
miércoles, 9 de septiembre de 2026
INICIO CURSO 26-27
O 09 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Agardamos que estedes ilusionados e con ganas de voltar ao centro. Espero que ao final sexa outro ano importante nas vosas vidas e que teñades algunha aprendizaxe ou vivencia que lembredes no tempo.
jueves, 30 de julio de 2026
SEMPRE CON NÓS
Hoxe temos a nosa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade educativa. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa está no comezo da súa vida. Ás veces atopámonos con estas situacións que nos deixan o corazón cheo desta dor e desta tristura que non nos deixarán esquecelo.
Moito ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso. Queremos dende aquí dar ánimos á súa familia, Provoca unha tristura inmensa contemplar como xóvenes con toda a súa vida por diante nos abandonan, deixándonos con esta sensación de dor e de impotencia, con este resquemor de que a vida é inxusta.
Descansa en paz, Juan. Sempre
permanecerás na nosa memoria. Sempre con nós.
miércoles, 1 de julio de 2026
DESPEDIDA ANTÓN
Cumpriu con nota as súas tarefas como xefe de departamento malia non poder contar en moitos momentos coa axuda dun xefe de estudos enleado con partes e máis partes de incidencias.
Apuntouse a todas as actividades que organizamos: a neve, o Camiño de Santiago, o surf... e incluso atreveuse a ir con Diego á excursión a Tenerife cos de 4ª de ESO (aínda que bueno, en realidade foron os de 4ª os que os coidaron a eles).
Grazas pola túa profesionalidade, pola túa man co alumnado, por apuntarte a todo sen dubidalo, e sobre todo pola compaña. E perdoa por non poder atenderte sempre como merecías. Un abrazo enorme!!!!
sábado, 27 de junio de 2026
FIN DE CURSO 25-26
Vémonos en setembro.
viernes, 26 de junio de 2026
RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL
Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 22 de xuño foron os seguintes:
1º ESO A: 21 alumnos 19 aprobados 03 suspensos 86% aprobados
1º ESO B: 20 alumnos 18 aprobados 01 suspensos 95% aprobados
TOTAL 1º 41 alumnos 37 aprobados 04 suspensos 90% aprobados
2º ESO A: 27 alumnos 26 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
2º ESO B: 25 alumnos 24 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
TOTAL 2º 52 alumnos 50 aprobados 02 suspensos 96% aprobados
3º ESO A: 27 alumnos 27 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
3º ESO B: 26 alumnos 24 aprobados 02 suspensos 92% aprobados
TOTAL 3º 53 alumnos 51 aprobados 02 suspensos 94% aprobados
4º ESO A: 13 alumnos 13 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
4º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
TOTAL 4º: 39 alumnos 39 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
TOTAL 175 alumnos 166 aprobados 08 suspensos 95% aprobados
lunes, 22 de junio de 2026
MEMORIA ACAMPADA 25-26
Pola tarde calor en Lagares para facer a nosa tradicional ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume chegando este ano ata a présa que hai río arriba. Abel e Rocío amables e atentos coma sempre.
O sábado ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido) ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar máis piscina (con elementos ameazantes), xogos e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina.
Este ano o comportamento nocturno deixou bastante que desexar, pero diso xa falamos no bus de volta a Bergondo. Vémonos pronto..
FOTOS ACAMPADA 25-26
Déixovos o enlace ás fotos que sacamos na acampada. Se algún de vós quere que subamos algunha enviádemas polo grupo. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou ide á foto da actividade no menú da esquerda. Unha aperta.
martes, 16 de junio de 2026
DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 16-26
E chega ese momento da vida en que é preciso marchar, o cambio está iniciado e non podemos botar a vista atrás. Debemos mirar cara adiante con decisión e valentía, buscar e amoldarnos a novas amizades, abrirnos a ese mundo que nos agarda e exploralo sen medo.
Pero se nalgún momento perdedes parte dese empuxe e vitalidade sempre teredes aquí o voso centro como tedes á vosa familia, sabedes que todos seredes sempre ben recibidos. Se algún día precisades a nosa axuda ou simplemente necesitades renovar a vosa autoestima seguiremos aquí intentando aportar ese gran de area na inmensidade dos vosos corazóns.
Cada un de nós temos un camiño que debemos percorrer para chegar aos nosos soños, loitade sen desesperar.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdoádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
UN ABRAZO ENORME
lunes, 8 de junio de 2026
AUTORIZACIÓN RAFTING 25-26
O rafting consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
· O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
· A saída será do concello de Bergondo ás 08:30 h. do día 25 de Xuño.
· Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.
· A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.
· A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
· O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €) e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).
· É obrigatorio saber nadar.
· MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
· Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue, Antón Ares e Fernando Pazos.
· A data límite para entregar as autorizacións é o martes 09 de xuño e para pagar o luns 15 de xuño.










